13.02.2012

O PP local denucia ante a Garda Civil o ataque a sua páxina web

Imprimir

O Partido Popular denuncia ante a Garda Civil de Foz o ataque a súa páxina web.

O Partido Popular denunciou ayer luns pola mañá no Cuartel da Garda Civil de Foz o ataque sufrido no fin de semana na súa páxina web e traballou para pechar, o máis rápido posible, as mensaxes emitidas no portal.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asegura que trátase dunha páxina local, xenérica do partido, cun contido normal e moderado, polo que sorprenden estes feitos.

O partido popular de Foz ten abertas as súas portas a todos aqueles que o desexen, polo que non entende que aqueles que reclaman a libertade de expresión e máis democracia ,sexan os que entran na casa daqueles que pensan diferente, e usurpan os dereitos sen permiso nin aprobación coma é este caso.

Asegura o rexedor focense que este acto de intrusismo dixital na paxina web, e froito dunha mera casualidade e entende que non teña nada que ver cos artículos e comentarios realizados en certos sectores a través das redes sociales, atacando tamen contra a imaxe e honra non só do partido popular senón tamén do propio Alcalde, o popular Javier Castiñeira.