14.06.2016

A corporación de Foz aprobu o orzamento municipal para este ano no pleno de onte.

O alcalde subliña a coherencia do BNG ao apoiar estes presupostos e di que o PSOE, ao votar en contra, demostra que a súa intención é intentar bloquear as contas do concello.

Imprimir

Foz, 14 de xuño de 2016.- A corporación municipal de Foz aprobou o orzamento municipal para este ano no pleno celebrado onte. O BNG apoiou estas contas mentres que FPF se abstiña e o PSOE votaba en contra.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salientou que “co seu voto en contra o PSOE, unha vez máis, quédase só na súa intención de bloquear as contas do Concello, cunha actitude rechamante despois de ter estado en dúas xuntas de voceiros, ter aportado propostas, despois de ter unha comisión previa na que non dixeron nada, plántase aquí no pleno ameazando ao resto dos grupos con que se aprobaban as contas irían en contra da súa ideoloxía, dos seus criterios”.

Javier Castiñeira engade que “a verdade é que chama un pouco a atención que o PSOE se volva quedar só. Tamén é certo que o PSOE cada vez se parece máis a Unifoz, que o PSOE segue actuando como lle dicía no seu momento ao señor Cancio, para Unifoz e para o PSOE negociar é que se faga o que eles digan”.

O rexedor focense salienta que “a capacidade negociadora do Partido Popular pero tamén do BNG e da Plataforma, permitirán cumprir os compromisos co persoal do Concello, cumprir tamén a mellora da Escola de Música e doutros servizos, de ter un plan de emprego de 140.000 euros e tamén investimentos moi necesarios en todas as parroquias por máis de 500.000 euros”.

Castiñeira subliña que “unha vez máis o PSOE antepón os intereses partidistas, os das persoas da súa asemblea aos compromisos que tiña no seu momento con diferentes asociacións e coa propia corporación, a xunta de voceiros e mesmo do persoal, e vota en contra destes orzamentos”.

O alcalde focego cualifica de “unha incoherencia para nosoutros absurda, unha equivocación incrible; chegamos ao punto de que o PSOE propuxo na xunta de voceiros, aceptáronse a maior parte das súas propostas e logo no pleno votaron en contra, nun claro estilo Unifoz”.

Javier Castiñeira insiste en que “coa boa disposición do goberno e coa boa disposición do BNG e a abstención da Plataforma, o Concello terá unhas contas realistas. Poderá usar tamén o remanente que se aprobará no próximo pleno para renovar o pavillón municipal, tal e como pediu o BNG, e para facer algunha obra máis”.

O rexedor focense mostra “a satisfacción do goberno, porque quedou claro que co diálogo gañamos todos, incluso aqueles que son desleais e incoherentes pois viron aceptadas as súas propostas, como o Partido Socialista, e despois incongruentemente votan en contra”.