09.06.2016

Campaña 26J

Imprimir
O Partido Popular de Foz tomou a decisión de facer a campaña electoral  do 26J “austera” e sen publicidade. Por tanto, renuncia á colocación de carteis electorais e á tradicional pegada, apostando por unha campaña “próxima”, de persoa a persoa, centrada nos problemas reais de todos os veciños e veciñas, unha campaña de rúa, de mirar á xente aos ollos e á cara.

Desde o PP de Foz faremos unha campaña próxima e sobria nas ideas e non nas vallas, carteis ou as bandeirolas dos farois. Imonos centrar en contar que é o que fixemos na última lexislatura, explicándolles ás veciñas e veciños de Foz que o PP é un partido serio que soubo resolver unha situación de crise profunda.

Para nós, o importante e primordial son os nosos veciños e veciñas porque primeiro son as PERSOAS. É a nosa prioridade. Por tanto sentarémonos con eles para escoitalos e coñecer de primeira man que é o que lles preocupa e cales son as súas necesidades. Imos centrarnos en ofrecer solucións concretas aos seus problemas reais.
 
Porque, primeiro son as PERSOAS, primeiro sodes todos vos.