08.05.2015

CATRO ANOS DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR EN FOZ

¡¡AS CONTAS CLARAS!!

Imprimir
ECONOMÍA, CONTAS MUNICIPAIS E EMPREGO.

- Diminución da débeda bancaria do Concello de 1,9 MILLÓNS DE EUROS A CERO
- DEVOLUCIÓN do pago a proveedores do anterior goberno: 1,5 MILLÓNS DE EUROS
- O REMANENTE de Tesourería ascende de 30.000€ a 1.5 MILLONS DE EUROS.
- En Xuño de 2011 había de liquidez en Caixa 500.000€. En Xuño do 2015 MÁIS DO DOBRE.
- DEVOLUCIÓN AO ESTADO por exceso de cobro do anterior goberno nos anos 2008 e 2009: MÁIS DE 200.000€.
- DEVOLUCIÓN de máis de 150.000€ de licencias cobradas polo anterior goberno.
- Realizáronse máis de 1000 ALTAS CATASTRAIS que aportan cada ano máis de 200.000€ ao Concello.
- MELLORAS na recaudación municipal en padróns desactualizados coma o de SANEAMENTO e incluso en padróns inexistentes coma o da DEPURACIÓN ou o de PLUSVALÍA por valor de máis de 400.000€ anuais.
- DIMINUCIÓN dos parados no Concello de Foz no tramo 2011 - 2015.
- Apertura de OBRADOIROS DE EMPREGO ao longo dos catro anos, por valor de 500.000€, e que formaron a máis de 50 parados.
- Apertura da AULA DE FORMACIÓN na que se impartiron cursos de SOCORRISMO e XARDINARÍA cun coste de máis de 150.000€.
- Creación de DOUS PLANS DE EMPREGO coincidindo con os 2 únicos orzamentos da lexislatura aprobados. O ano 2012 dotado con 130.000 €, e o ano 2015 dotado con 200.000€.

PROMOCIÓN TURÍSTICA, MEDIOAMBIENTAL, CULTURAL, DEPORTIVA E XUVENTUDE.

- AUMENTO DO NÚMERO DE COLECTIVOS que recibiron axudas e subvencións do Concello.
- LEGALIZACIÓN de RadioFoz e da Aula da Natureza
- Adaptación da nova sede da ESCOLA DE MÚSICA na Casa do Mar con un coste de 10.000€
- NOVO LOCAL PARA ASOCIACIACIÓNS con máis de 8 departamentos por un importe de 200.000€.
- Creación do servizo de GUÍA TURÍSTICO EN SAN MARTIÑO con un coste de 15.000 € anuais.
- Creación da area de AUTOCARAVANAS con unha media de 3000 pernoctacións anuais e que deixaron ao redor de 250.000 € no comercio local dende a súa creación, acollendo varias concentracións.
- MELLORA NA RECICLAXE nun 50%.
- Implantación de COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS.
- NACE A FESTA NORMANDA
- Nace o CONCERTO DE MUSICA GALEGA no Campo da Cabana.
- APOIO DIRECTO ÁS COMISIÓNS DE FESTAS: San Lourenzo, o Carme, Feira do Libro, Festa do Berberecho e outras de nova creación coma Vrao, HellFoz ou Tentacle. Colaboración coas festas de todalas parroquias: Bispo Santo, Carme e Semana Santa en San Martiño, San Xoan, Festa do Emigrante en Vilaronte, O Carme e Santa Cilla en Santa Cilla, Festa de San Acisclo, San Campio e Santiago en Fazouro, Festa de Nois, O Carme e Feira Cabalar en Cangas, A Peregrina en Cordido…
PROMOCIÓN DO ENTROIDO DE FOZ ata levalo a ser un dos mellores de Galicia.
- PROMOCIÓN E COLABORACIÓN EN ACTOS DEPORTIVOS: Travesía da Ría de Foz e regata provincial de piragüismo, Trofeo de fútbol Villa de Foz, Ruta 4x4, Torneos de fútbol Costa Nova e Villa de Foz de fútbol 7, Marcha ciclista, BTT e Día da bicicleta, Regatas de vela, Carreira popular, Torneos de Tenis en Foz e Cangas…
- Novas MODALIDADES DEPORTIVAS nas ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS coma o Zumba, Skate…
- SUSTITUCIÓN DAS REDES de peche perimetral da pista polideportiva de San Martiño.
- Novo MARCADOR ELECTRÓNICO para o pabillón de Marzán.
- AXUDAS OA MATEMENTO das pistas do Clube de Tenis.
- Colaboración nas rutas de SENDEIRISMO local.
- Apoio a creación de NOVOS GRUPOS MUSICAIS como a Big Band e Perkusiona
- CREACIÓN DAS CONTAS en FACEBOOK e TWITER do Concello de Foz con mais de 4000 amistades e con información diaria e actualizada e creación da conta de Facebook da UNED de Foz.

COMERCIO.

- PEATONALIZACIÓN do Porto e da Praza Conde de Fontao.
- REORGANIZACIÓN da zona de ILLANOVA.
- Equipamento e HUMANIZACIÓN da praza.
- Creación da ORDENANZA DE TERRAZAS.
- Creación de máis APARCADOIROS MUNCIPAIS: 150 prazas na C/ Alfredo Brañas, 50 prazas na Rúa Mariñeiro Chila e 50 prazas no Instituto.
- Nace a FEIRA MULTISECTORIAL con o apoio do Concello.
- Sustitución do anterior SISTEMA DE RECOLLIDA DE LIXO (cubaxe caro e incómodo) polo sistema de contedores actuáis.
- LEGALIZACIÓN do Tanatorio de Cangas
- Construcción de SETE CASETAS para uso nas distintas feiras e eventos do Concello.

ASUNTOS SOCIAIS, SAÚDE E EDUCACIÓN.

- Creación da NOVA SEDE DO VOLUNTARIADO MUNICIPAL (roupeiro e banco de alimentos).
- Xestión de VARIAS AXUDAS para o ASILO de FOZ por valor de máis de 100.000€.
- NOVA AULA para o colectivo de DISCAPACITADOS e dotación de axudas por máis de 20.000€.
- DUPLICAMOS O SERVICIO DE DEPENDENCIA, de 1200 a 2800 horas mensuais, pasando de 26 a 60 dependientes atendidos.
- Xestións co SERGAS para o mantemento do servicio de AMBULANCIA MEDICALIZADA en FOZ.
- Participación nas xestións co SERGAS para implantar o servicio de HOSPITALIZACIÓN A DOMICILIO no Hospital da Costa, onde un veciño de Foz foi o primeiro usuario.
- Participación nas xestións co SERGAS para implantar o SERVICIO DE ONCOLOXÍA no Hospital da Costa, onde unha veciña de Foz foi a primeira usuaria.
- Participación nas xestións co SERGAS para loitar pola AMPLIACIÓN  DO  HOSPITAL  DA  COSTA  que  será licitada neste ano 2015.

URBANISMO E INVERSIÓNS REAIS.

- Completado nun 85% o desenrolo do PXOM.
- Construcción do XERIÁTRICO con  un importe de 2.000.000€.
- Construcción da PASARELA DO PORTO por  valor de 75.000€
- REPARACIÓN DA CUBERTA do Colexio Público Nº 1 por valor de 70.000€.
- Construcción de 2.000 ml de BEIRARRÚAS en Cangas por valor de 400.000€.
- CONSTRUCCIÓN DA CUBERTA da zona infantil da Galiña Azul por importe de 10.000€.
- REFORMA DA GUARDERÍA Virgen de la Purificación en Fondós por valor de 90.000€.
- Construción dun PATIO CUBERTO no colexio público de Nois.
- Un DRAGADO URXENTE, un DRAGADO INTEGRAL DA CANLE e compromiso nos orzamentos da XUNTA 2015 co  DRAGADO DA DÁRSENA e novas prazas de amarre por valor de 500.000€.
- Construcción do PASEO DO CANTÁBRICO e Ruta de San Rosendo.
- Construcción da PONTE PEATONAL no Río Ouro ao seu paso por Fontao e adecentamento da zona por importe de 20.000 €.
- Contratada a construcción do CARRIL BICI RAPADOIRA – LLAS por importe de 350.000€.
- REMODELACIÓN total da pista polideportiva Campo da Cabana con un coste de 90.000€.
- REFORMA AMBIENTAL das ROTONDAS de Vilaxoane e Fazouro.
- REFORMA da iluminación e creación de unha beirarrúa perimetral no campo de Fútbol Municipal por valor de 40.000 €.
- Melloras na PISTA DE SKATE por máis de 10.000€.
- Remodelación, dotación de riego e equipamento de ZONAS VERDES e PARQUES da Praza Conde de Fontao, Paseo da Ribeira, Tupide, Campo da Cabana, Plaza de Galicia, Casa do Concello e Urbanización as Torres por valor de 40.000 €.
- Reconstrucción dos PASEOS MARÍTIMOS, do PASEO DE LAREDO así como a reparación da CUBERTA DO PABILLÓN DO INSTITUTO, danados todos polos temporáis do 2014 por valor de 600.000€.
- Reposición do ALUMEADO PÚBLICO en San Acisclo por valor de 12.000€.
- XESTIÓNS PARA ELIMINAR a DEPURADORA do centro urbán, dando 4 opcións de ubicación e rexeitadas todas elas pola oposición.
- Creación dun PARQUE INFANTIL en Nois por importe de 15.000€.
- ROZADO de pistas e cunetas TODO O ANO, antes só en primavera e verán.
- Execución do SANEAMENTO dos servizos públicos e da capela do Santo.
- Aglomerado do VIAL PRINCIPAL de acceso a Cordido.
- Reforma e legalización da INSTALACIÓN ELÉCTRICA para a festa do Bispo Santo por valor de 9.000 €.
- Reposición dos PASOS DE PEÓNS ELEVADOS por importe de 15.000€
- NOVO ACCESO a parroquia de Vilaronte.
- ASFALTADO do acceso a Frouxeira e outros viais de Santa Cilla.

O Equipo de Goberno ofreceu ESTABILIDADE e defensa do INTERÉS XERAL  dos vecinos contra o ABANDONO, o TRANSFUGUISMO e os PERSONALISMOS da OPOSICIÓN

O Equipo de Goberno actuou con seriedade, sensatez e boa imaxe ante o VIRACHAQUETISMO DE UNS E OUTROS.


Tamén e certo que non avanzamos en cousas do noso programa e que confiábamos estivesen máis adiantadas, sobre todo A REORGANIZACIÓN DO PORTO DEPORTIVO, por elo tamén PEDIMOS DISCULPAS e prometemos seguir traballando...