15.01.2015

O Concello de Foz ultima as xestións para construír a primeira fase do carril bici entre as praias de A Rapadoira e Llas.

As obras poderían estar realizadas neste ano 2015, tal e como adiantou o alcalde focense despois de reunirse co director general de Costas en Madrid.

Imprimir
Foz, 15 de xaneiro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, adiantou hoxe que o Concello está ultimando as xestións para comezar a obra de construción do carril bici que irá dende a praia da Rapadoira ata a de Llas. A primeira fase podería rematarse nese 2015, segundo explicou o rexedor despois de reunirse onte en Madrid co director general de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, Pablo Saavedra Inaraja. Hoxe Javier Castiñeira e o xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan Dols, visitaron a zona onde se levará a cabo esta actuación.
Javier Jorge Castiñeira manifestou que “dende o Concello de Foz estanse  facendo diferentes xestións para seguir avanzando coa obra do carril bici. É unha obra demandada e importante para o noso concello, xa que unirá as praias de A Rapadoira e Llas. Despois da última reunión en Madrid co director general de Costas, temos unha opinión bastante optimista de que as obras poidan ser realizadas xa durante este ano 2015, polo menos a primeira fase que una esas praias de A Rapadoira e Llas. É unha obra importante e moi demandada e hoxe mesmo no propio sitio analizamos como podemos ir facendo por fases e iniciando esta obra, para a que xa están feitas as expropiacións e o proxecto e soamente queda dotala economicamente e iniciala”. 
O alcalde focense resaltou que “dende o goberno municipal estamos contentos con esta xestión. O noso grupo de goberno segue traballando polo pobo, por facer xestións, por aprobar os orzamentos e por ir avanzando no Plan Xeral, así como por dotar de obras a Foz mentres outros seguen xustificándose electoralmente. Uns comezaron a campaña e outros  tratamos de levar cabo novos proxectos. O equipo de goberno popular de Foz é responsable, ten un compromiso de catro anos cos veciños e vai cumprilo. Niso estamos,  aportando o cen por cen do noso esforzo”.