30.01.2014

O Concello de Foz convoca a XIII edición do certame de poemas de amor

A bibliotecaria municipal destaca que é o máis antigo da comarca.

Imprimir
Foz, 30 de xaneiro de 2014.- O Concello de Foz, a través da biblioteca pública municipal Salgado Toimil, convoca a XIII edición do certame de poemas de amor, que é “o máis antigo da comarca”, destacou a bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez. O concurso conta co patrocinio de Restaurante Casa Damián e Viaxes Rodríguez.

As bases son as seguintes:

1) Poderán participar tódalas persoas que o desexen en tres modalidades : Infantil (ata 11 anos), Xuvenil (de 12 a 18 anos) e Adultos (de 19 en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberán acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá : nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas presentaranse preferentemente en galego.
6) Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal e o prazo de presentación será ata o día 24 de febreiro de 2014 e tamén a través do e-mail  biblioteca@concellodefoz.es   
7) Os premios  por cada modalidade  serán os seguintes:
       1º e 2º Premio Infantil : Lote de libros máis agasallo
       1º e 2º Premio xuvenil : 50€ e cea - 30€ e cea
       1º e 2º Premio adultos : 100€ e noite de hotel - 60€ e cea
8) Os poemas pasarán a ser propiedade da Biblioteca Municipal e resérvase a face-lo uso que considere oportuno.
9) O fallo do xurado será anunciado a través de Radio Foz, prensa ou ben chamando ao 982.140675. A entrega de premios será nun acto a celebrar o día 15 de marzo ás 20:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura
10) A participación no certame implica a aceptación destas bases.