10.12.2013

O alcalde de Foz fai público o pésame da corporación municipal e dos focenses polo falecemento de Melchor Roel.

Imprimir

Foz, 10 de decembro de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo público esta mañá o pésame da corporación municipal e dos focenses polo falecemento de Melchor Roel.

“Dende o Concello de Foz, a corporación municipal e en xeral todos os focenses queremos dar o noso máis sentido pésame á familia do alcalde de Viveiro recentemente falecido, Melchor Roel, á familia socialista e a todos aqueles que traballaron ao seu lado e da a súa man durante estes últimos anos”, manifestou o rexedor municipal de Foz.

Javier Castiñeira engadiu: “é unha baixa importante, porque é unha persoa recoñecida en todos os ámbitos e dende logo todos os focenses queremos incluírnos nese pésame xeral que ten A Mariña lucense polo falecemento de Melchor Roel”.

“Reitero o noso máis sentido pésame a toda a familia, a todos os viveirenses, aos compañeiros do Concello de Viveiro e tamén ao Partido Socialista”, rematou o alcalde de Foz.