29.06.2013

O concello de Foz mellorou substancialmente na reciclaxe de residuos, segundo os datos facilitados pola empresa que xestiona os colectores amarelos.

A concelleira de medio ambiente anunciou que seguirán coas campañas para sensibilizar á poboación.

Imprimir
Foz, 29 de xuño de 2013.- O concello de Foz mellorou substancialmente na reciclaxe de residuos, segundo os datos facilitados polo Grupo Soil, empresa que xestiona os colectores amarelos no municipio. A concelleira de Medio Ambiente, Maite López Rego, amosouse satisfeita con estes resultados pero anunciou que dende o Concello seguirán realizando campañas para sensibilizar á poboación.

A empresa deu a coñecer que “en los primeros cuatro meses de este año los focenses han incrementado en más de un 15 por ciento los kilos depositados en el contenedor amarillo que gestiona el Grupo Soil. En paralelo, como resultado de una mayor concienciación ciudadana a la hora de separar, el porcentaje de impropios durante dicho periodo bajó hasta el 25,83 por ciento, situándose por debajo de la media de los ayuntamientos gallegos, que es del 28,40 por ciento, y lejos del máximo del 30 por ciento de impropios que admite Ecoembes”. E engade que este incremento “se produce a pesar de que el consumo se ha reducido y con ello el volumen de residuos generados”.

Tamén explica que “este aumento en el número de kilos y la reducción de impropios tiene como protagonistas a los vecinos, que cada vez están más concienciados sobre la importancia de separar correctamente; al Ayuntamiento y a la empresa Grupo Soil, que han puesto en marcha programas de concienciación ciudadana a la vez que han dotado el servicio con nuevos medios. Durante los últimos años las iniciativas llevadas a cabo por el Ayuntamiento en colaboración con el Grupo Soil están logrando el efecto deseado. Entre otras acciones se han emitido cuñas de radio, se han realizado campañas de información y concienciación vecinal, existe una línea telefónica municipal a través de la cuál se pueden consultar las dudas que tengan los vecinos sobre el reciclaje y lleva un control periódico de los contenedores que presentan mayor volumen de impropios para su reducción”.

Ademais o Grupo Soil explica que “desde el punto de vista técnico, durante el último año se ha incrementado en un 6% el número de contenedores puestos a disposición de los vecinos, lo que supone que, teniendo en cuenta la población que actualmente tiene el Ayuntamiento, la dotación de contenedores amarillos por habitante es de más de 17,50 litros”.

A concelleira de Medio Ambiente comentou que “é unha boa nova, porque dende o ano 2011, cando este equipo de goberno chegou ao Concello, levamos intentado mellorar a reciclaxe de residuos, porque reciclar mal supón unha penalización e un maior gasto para o Concello. Se conseguimos seguir como o estamos facendo agora logramos un beneficio para o Concello, pero se reciclamos mal eses materiais que van aos colectores que non corresponden xeran os chamados impropios e isto significa maior gasto para o Concello”.

Maite López lembrou que cando o actual goberno municipal chegou ao Concello de Foz “había unha débeda con esta empresa porque se estaba reciclando mal, xerábanse moitos impropios, polo que se fixeron campañas de sensibilización achegándonos aos comercios e explicándolle a xente o que debe ir a cada colector. E seguiremos facéndoo con charlas enfocadas aos veciños para que cada vez saibamos reciclar mellor. O que conseguimos foi anular a débeda que había con esta empresa e lograr un beneficio para o Concello”.

A edil anunciou que “con eses cartos que logramos de remanente ao noso favor vamos investir en mercar novos colectores e en facer campañas para intentar conseguir entre todos unha reciclaxe que roce o perfecto. Se logramos separar todos os produtos ben vamos botar cada vez menos residuos ao colector verde e polo tanto a factura descenderá e o Concello terá menos gasto”.