11.04.2013

Asamblea Local de Foz

O venres 10 de maio no Salón de Actos da Casa da Cultura de Foz as 20:30 horas celebrarse a Asamblea Local de Foz.

Imprimir
A Xunta Directiva Provincial de Lugo na súa xuntanza do pasado día 27 de marzo, acordou a celebración de Asambleas Locais na provincia, entre elas a de Foz.

Para dar cumprimento a dito acordo, o vindeiro venres 10 de maio no Salón de Actos da Casa da Cultura de Foz as 20:30 horas celebrarase a Asamblea Local de Foz. Só poderán ir nas listas e participar nas votacións os afiliados que estén ao corrente no pago das cuotas tal e como indican os Estatutos.

A presentación de candidatos farase ata o 17 de abril, en horario de oficina, e terán que contar con un aval de 30 afiliados.

A presentación de candidaturas ao Comité Executivo Local, farase igual que a de candidatos na Sede Provincial do Partido en Lugo, sita na rúa Poeta Ramón Cabanillas, número 14, planta baixa antes das 20:00 horas do mércores 8 de maio e terán que estar avaladas por non menos de 60 afiliados. Según o Artº 11-2 do Regulamento de Organización Provincial, a Candidatura estará constituída por 1 Presidente e 18 vocais.

Ningún afiliado poderá figurar en duas ou mais candidaturas nin avalar coa sua firma máis dunha candidatura.

Un saúdo.