21.01.2013

Barreiro: "presento a miña candidatura para continuar traballando pola provincia e polos lucenses"

Afirmou que tomou esta decisión logo de falar co Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo e cos seus compañeiros do PP de Lugo

Imprimir

O actual presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, presentou hoxe a súa candidatura para representarse como líder provincial desta formación para os vindeiros tres anos no congreso convocado o 2 de marzo en Burela. Barreiro confirmou que tomou esta decisión tras consultar co presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e cos compañeiros do partido en Lugo.

"A miña candidatura responde ao interese de seguir traballando dende un partido que é maioritario en Lugo para solventar os problemas que ten a provincia así como para que os cidadáns sigan encontrando no PP un instrumento no que se poidan apoiar e que lles resulte de utilidade"-manifestou.

O líder dos populares lucenses indicou que dende 2009 houbo un millar máis militantes na provincia de Lugo, unha cifra que supón un incremento próximo ao 10%, o que ao seu xuízo é unha mostra da fortaleza interna do propio partido