15.01.2013

El PP de Lugo celebrará su Congreso Provincial el día 2 de marzo en Burela

“Tendo en conta que a cidade de Lugo será anfitriona do Congreso autonómico, decidiuse trasladar, por primeira vez na historia, á cita provincial fóra da capital lucense”.

Imprimir

José Manuel Barreiro presidió el pasado viernes la Junta Directiva Provincial del Partido Popular de Lugo, en la ciudad de la Muralla y en la que se acordó la fecha para la celebración del próximo Congreso Provincial: El  cónclave de los populares lucenses se celebrará el sábado 2 de marzo y el lugar elegido como emplazamiento del futuro Congreso será la localidad mariñana de Burela.

José Manuel Barreiro quiso aprovechar la convocatoria para hacer balance de estos tres años transcurridos desde la celebración del último Congreso provincial –allá por octubre de 2009- señalando que este tiempo significó en términos electorales uno de los períodos en los que los populares consolidaron y ampliaron su éxito electoral de los últimos años.

“O PPdeLugo ampliou e consolidou a súa maioría social entre os lucenses e reforzou a estructura interna de partido” –asegurou Barreiro- quen salientou foron tres anos nos que gañaron en afiliación, en apoio electoral e impulsaron novas estruturas de participación e coordinación interna.

UN PARTIDO MÁIS FORTE

Desde o 2009 entorno a un millar de lucenses incorporáronse ao Partido Popular de Lugo, un dato que supón un incremento próximo ao 10% na afiliación total. “Cada día, destes tres últimos anos, sumamos un novo afiliado”-dixo Barreiro-, sumando máis de 12.000 no total da provincia, o que é síntoma de fortaleza interna e de compromiso da formación política que preside na defensa dos intereses desta provincia.

O presidente provincial significou que tanto a afiliación como o apoio electoral foi crecendo, a pesar de ser tempos de dificultade e de moitos sacrificios na acción de goberno, tamén como consecuencia das políticas de transparencia e rendición de contas que o Partido Popular de Lugo vén efectuando ante a cidadanía e ante o conxunto de afiliados. “Demos a cara. Saímos a rúa. Explicamos as medidas adoptadas e a situación. Contamos a verdade. E a xente iso o agradece e valora”- dixo Barreiro.

Así por exemplo salientou a posta en marcha de diversas campañas explicativas ás que convidaron a representantes dos ámbitos social e empresarial da provincia. Tras acceder Rajoy á presidencia do Goberno o PP organizou os foros sobre a reforma laboral e o plan de provedores con empresarios e PEMES. Tamén organizou a campaña explicativa “a verdade das reformas” ou “Galicia en mellor posición”, así como xornadas específicas sobre o Decreto do plurilingüismo, a Lei de Augas, a Lei de Montes ou a Rede Natura, entre outras.

Así mesmo, o partido buscou o contacto cos diferentes sectores dos que se recolleron tanto as súas demandas como se deu traslado das medidas que os gobernos populares levaron a cabo e lles afectaban directamente. Deste xeito o presidente provincial referiu a máis de 30 encontros, durante 2012, sobre Igualdade, educación, pensionistas, sanidade, servizos sociais e aos sectores agrogandeiro e pesqueiro. Aos citados, Barreiro sumou o máis de 25 actos organizados por Novas Xeracións.

A PROVINCIA CON MAIOR APOIO ELECTORAL DE GALICIA

En termos electorais os últimos tres anos deron tamén como resultado un apoio crecente. Comezando polas municipais de 2011 onde o PP conseguiu o 16º mellor resultado a nivel provincial de toda España, 5.364 votos máis que na cita electoral local anterior e a victoria en 50 concellos, o 75% do total da provincia, con maioría absoluta en 40.

Logo foi a quenda das eleccións xerais nos que o PP converteuse na cuarta provincia de España con maior porcentaxe de votos, acadou a máxima representación posible: 3 senadores e 3 deputados nacionais, un resultado histórico dos populares lucenses a nivel nacional.

E finalmente chegaron as autonómicas, onde o PP acodou un deputado máis e converteuse en referente a nivel galego. “O PPdeLugo obtivo o maior porcentaxe electoral de apoio do conxunto das provincias galegas (51,46%) - e tamén a nivel interno, pois novamente os votos obtidos polo PP superan en máis 18.000 sufraxios á suma de toda a oposición parlamentaria xunta (PSOE, BNG e AGE)”.

Barreiro dixo que o Partido Popular está a esforzarse para dar unha resposta axeitada á confianza depositada polos lucenses e nesa liña lembraron que esta é a provincia que recibe un maior investimento tanto do Ministerio de Fomento como da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, ademais de multiplicar por dous o gasto medio por habitante con respecto ao que tiña previsto o bipartito no seu último orzamento.

TRANSPARENCIA, PARTICIPACIÓN E COORDINACIÓN

A nivel interno estes tres últimos anos desenvolveuse unha intensa actividade de cara ao fortalecemento do partido xa que “gañou en transparencia, participación e coordinación” gracias á posta en marcha, ente outros, dos comités de alcaldes e de voceiros locais, ou dos foros sobre Muller, Sanidade e ás xuntanzas comarcais con alcaldes e concelleiros. Creouse tamén a figura da interparlamentaria lucense nas que todos os deputados, senadores e cargos públicos do PP de Lugo con representación, coordinan acción e estratexia, así como prioridades en beneficio da provincia.

Así mesmo o fortalecemento do Partido a nivel provincial tamén pasou dende o último Congreso provincial celebrado, pola constitución e renovación de ata 41 comités locais e  nove novas xestoras, abríndose novas sedes, como é o caso da provincial, e das de Burela, Monforte e Mondoñedo.