09.01.2013

O SERGAS destina 143.372 euros para equipamento no Hospital da Costa

Imprimir
O deputado popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que o SERGAS vén de formalizar un contrato por valor de 143.372,89 euros para a suministración do material e equipamento necesario para o funcionamento do Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa.
O devandito servizo é o encargado estudar, por medio de técnicas morfolóxicas, as causas, desenvolvemento e consecuencias das enfermidades. O seu fin último é o diagnóstico correcto de biopsias, pezas cirúrxicas, citoloxías e outras probas médicas relacionadas con todo o corpo humano e, de xeito especial, no relativo ao sangue, mamas, análises gastrointestinais, órganos como o fígado, páncreas, ril, próstata, médula ósea, sistema nervioso e respiratorio, xinecoloxía, osos, pel, etc...
A empresa Dako Diagnósticos, S.A será a encargada de subministrar ao centro hospitalario mariñán o material necesario para a realización de estudos Inmunohistoquímicos e Histoquímicos de forma automatizada, así como tamén do arrendamento a do equipamento necesario para a realización dos citados estudos. Esta prestación comporta a de mantemento do equipo durante o arrendamento. Segundo reza a resolución do Director Xerente do Hospital da Costa publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o contrato foi adxudicado con data 9.11.2012, formalizado o un de decembro de 2012.