22 de Outubro de 2017

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.07.2017

O goberno local de Foz solicita ao presidente da Deputación a mellora do terreo de xogo do campo de fútbol Martínez Otero.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [11 Voto/s]

Foz, 28 de xullo de 2017.- O goberno local de Foz envioulle hoxe ao presidente da Deputación de Lugo unha memoria valorada para a obra de mellora do terreo de xogo do Martínez Otero, campo de fútbol onde xoga dende hai máis de 80 anos o Club Deportivo Foz.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “esta obra recolle o levantamento do actual terreo de xogo de herba natural ademais de instalar un sistema de drenaxe e rego automático, que non ten, a mellora da nivelación e novo céspede, seguindo as peticións que nos trasladou hai meses a directiva do CD Foz, encabezada polo seu presidente, José María García Rivera”.

O rexedor focense engadiu: “contamos co apoio garantido do grupo provincial popular, que o propuxo no debate de uso do remanente da Deputación para que o órgano provincial financie integramente esta obra xunto con outras propostas. Con isto trátase de facer xustiza cun club, o CD Foz, que leva moitos anos demandando reformas nun dos estadios máis emblemáticos da Mariña. Hai que recordar que o Concello xa está facendo un esforzo importante financiando integramente a reforma do pavillón polideportivo, con máis de 500.000 euros, a petición do Club Baloncesto Celtas, cando noutros pobos se fixeron pavillóns novos financiados totalmente pola Deputación por valor incluso de millóns de euros”.

Javier Castiñeira manifestou tamén que “con estas dúas obras, a do pavillón e a do novo terreo de xogo do Martínez Otero, que esperemos que se acepte e que se estima que custará uns 165.000 euros, e sumadas á nova piragüeira que se constrúe no porto e que si financia a Deputación, o equipo de goberno entende que CD Foz, CB Celtas e Kayak quedarían ben dotados de instalacións que hai uns anos eran totalmente ruinosas e pouco modernas, polo que se cumpre un dos obxectivos do equipo de goberno local, que é o fomento do deporte traballando arreo a carón dos clubs do noso concello”.

O alcalde rematou agradecendo “a atención do presidente da Deputación,  que sabemos que xa foi informado polo CD Foz e que recibirá, como xa o fixo por parte de Elena Candia, o respaldo do grupo popular neste aspecto. Supoñemos que o resto de grupos da oposición tamén o farán. A idea é que esta obra poda realizarse para estar lista antes de comezar a tempada 2018-2019 e que CD Foz dispoña dunhas instalacións modernas e un novo terreo de xogo adaptado á actualidade”.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2017 PP de Foz