12 de Decembro de 2017

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.07.2017

O alcalde de Foz pregunta ao BNG local se defende a aplicación da legalidade urbanística no caso da nave de Frutas Morriña.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [23 Voto/s]

Foz, 27 de xullo de 2017.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, contesta as críticas realizadas nas últimas horas polas concelleiras do BNG sobre o caso da nave de Frutas Morriña e pregúntalles se defenden a aplicación da legalidade urbanística ou non.

“Ante as acusacións do BNG con respecto á actuación do equipo de goberno e do alcalde con respecto ao asunto de Frutas Morriña parécenos vergonzoso que un grupo político que estaba desaparecido neste caso, pois desde que ocorreu o fatal suceso non apareceu por ningún lado, veña agora cunha clara actitude de oportunismo político intentando danar a imaxe do alcalde”, manifestou o rexedor municipal que pregunta ás representantes do BNG se “respectan a legalidade urbanística e preguntáronlles aos técnicos cal é a súa opinión sobre este asunto, porque están poñéndose na parte contraria, de ir en contra da legalidade e dos informes dos técnicos”.

Ademais Javier Castiñeira lembrou que “o BNG foi o único partido que votou en conta do Plan Xeral, que precisamente dá solución a este tipo de construcións que quedan fóra de ordenación en solo rústico. Polo tanto déixense de demagoxia e de oportunismo e carroña política e traballen un pouco máis polo interese do Concello”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2017 PP de Foz