29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.04.2017

O Concello de Foz recibiu o borrador do inventario de camiños públicos, que remite ás asociacións de veciños e aos grupos da oposición para consensualo.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [65 Voto/s]

Foz, 10 de abril de 2017.- O Concello de Foz ven de recibir o borrador inicial do inventario de camiños públicos, que remite aos grupos políticos e ás asociacións veciñais para que poidan facer as súas achegas. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quere deste xeito seguir a fomentar a transparencia e consensuar ao máximo posible este documento, que despois irá a pleno e será exposto ao público.

O rexedor focense anunciou hoxe que “o Concello de Foz ven de recibir o borrador de inventario de camiños públicos que lle contratou á empresa Procat Ingeniería, tal e como se solicitara desde o pleno da corporación en diferentes momentos. Ese documento que agora temos no Concello pasouse tamén aos grupos políticos e ás asociacións de veciños nunha serie de paneis das parroquias que lle afectan a cada asociación para que poidan analizalo. A idea que ten o equipo de goberno é fomentar a máxima transparencia e participación de todos aqueles entes que poden axudar a facer mellor este documento antes de levalo ao pleno; e despois, se así o estima a corporación, elevalo a público e aí os veciños tamén poderán facer as súas alegacións”.

Para Javier Castiñeira “o importante é manter o máximo rigor posible, incluso tamén nos nomes dos camiños, na toponimia e nos trazados. Queremos facelo dunha forma moi similar a como se levou o Plan Xeral, que participen os máximos entes posibles. Entendemos que, ademais dos grupos políticos, as asociacións de veciños van ser unha peza fundamental para que este documento sexa o máis fidedigno. En poucos días eu creo que os veciños van ter á súa disposición nas asociacións ese documento por se o queren contrastar. Temos un período agora para recibir a documentación que nos dean e seguir xa o proceso para levalo ao pleno”.

O alcalde focense móstrase “contento por cumprir un compromiso plenario máis, que neste caso era a elaboración do inventario de camiños públicos posto que, ao non telo, se crean unha serie de problemas moitas veces importantes que tendo este inventario xa non haberá”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz