28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

07.04.2017

O Concello de Foz reordena o tráfico entre a Avenida de Sarria e a rúa Atalaia.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [43 Voto/s]

Foz, 6 de abril de 2017.- O Concello de Foz reorganiza o tráfico na mazá comprendida entre a Avenida de Sarria e a rúa Atalaia, cerca de As Torres. Dende mañá, venres, ese tramo terá un único sentido de circulación co fin de darlle maior fluidez ao tráfico e gañar 50 prazas de aparcamento, segundo anunciou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

O rexedor focense quere “dicirlle aos veciños de Foz que se está facendo unha modificación no tráfico entre a avenida de Sarria e a rúa Atalaia, tamén Uxío Novoneyra, preto de As Torres de Foz. Era unha zona onde non estaba reorganizado o tráfico, que permitía dobre sentido de circulación e onde hai moita demanda de aparcamentos”.

Javier Castiñeira explica que “a idea que ten a Policía Local e o equipo de goberno, e que está levando a cabo, é facer un único sentido de circulación, en dirección de As Torres a Corporacións en sentido antihorario, para mellorar e facer máis fluída a circulación e ter moito máis espazo para prazas de aparcamento. Na rúa perpendicular á avenida de Sarria, na zona preto de As Torres, gánanse 50 aparcamentos en batería. Era unha demanda que nos facían os veciños desta zona, tamén preto da praia. A última obra, que se fixo o verán pasado, de ensanchar a rúa Atalaia, sobre todo na chegada á intersección con Corporacións, agora pide un único sentido de circulación”.

O alcalde de Foz insiste en “avisar á xente de que a partir deste venres á tarde estará xa en vigor un sentido único de circulación dende As Torres á rúa Corporacións”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz