12 de Decembro de 2017

En vídeoEn vídeo

.

Novas

20.03.2017

O presidente de Augas de Galicia explicou á comisión de seguimento da depuradora de Foz o proceso para a construción da nova EDAR.

A reunión celebrouse esta tarde na casa do concello focense.

Recomendar Imprimir Atrás

4.0/5 [2 Voto/s]

Foz, 20 de marzo de 2017.- O presidente de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, visitou esta tarde Foz para reunirse coa comisión de seguimento da depuradora e na xuntanza explicou o proceso que se levará a cabo para a construción da nova EDAR.

Despois do encontro o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou: “vimos de ter a primeira reunión da comisión de seguimento da depuradora do concello de Foz, recentemente constituída, con representantes de Augas de Galicia, concretamente co seu presidente, Roberto Rodríguez, e co enxeñeiro xefe encargado deste proxecto para Foz, Gonzalo Mosqueira. Foi moi interesante e tanto os portavoces dos grupos políticos como os das 4 asociacións que pertencen a esta comisión, que son as dúas de Forxán, a asociación de veciños de Fazouro e a do núcleo urbano de Foz, O Castro, puidemos escoitar na voz do presidente de Augas de Galicia como se vai iniciar xa a licitación do anteproxecto e do estudo de impacto ambiental, que estará lista nas próximas semanas. E a partir de aí xa se iniciará o traballo técnico, despois de valorar a situación e todos os antecedentes deste longo proceso. No convenio que aprobou o Consello da Xunta e foi publicado no DOG, co cal o goberno galego se compromete ao financiamento desta obra, tíñamos establecidos uns prazos, do 2016 ao 2020, que intentaremos que sexan cumpridos”.

Para o rexedor municipal foi “unha primeira reunión moi interesante, na que todos puideron manifestar a súa opinión e sobre todo cumpriuse o seu principal obxectivo, que é manter aos veciños e aos grupos políticos informados neste caso polo ente que vai afrontar esta obra, que é Augas de Galicia. Quero agradecer a Roberto Rodríguez a súa presenza hoxe aquí e destacar que é unha moi boa nova para Foz esa próxima licitación do anteproxecto e do estudo de impacto ambiental, que teremos nestas próximas semanas. Esta xuntanza foi un alarde de transparencia nun asunto tan importante para o noso concello como é o tratamento das augas residuais do municipio”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2017 PP de Foz