29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.03.2017

ACLARACIÓNS ÁS CONCELLEIRAS DO BNG SOBRE A DÉBEDA CON GESTAGUA

Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [16 Voto/s]

Ante as dúbidas do BNG sobre a xestión do actual goberno de Foz co asunto do millón de euros de Gestagua, quero explicar simplemente as circunstancias.

Este goberno desde o ano 2012 o que fixo foi advertir sempre das consecuencias de non actualizar as taxas. Non é que o diga eu agora nin dende hai un tempo, é que se dixo no pleno que hai actas plenarias sobre este asunto e ademais está na hemeroteca. Polo tanto quedaron sempre advertidos os grupos da oposición.

¿Por que votaban non os grupos da oposición? Porque o único que querían era atacar as contas municipais para tratar de bloquear un goberno do Partido Popular en minoría. Ese foi o obxectivo da primeira lexislatura e sábeno as concelleiras do BNG e tamén todos os demais focenses.

Levo seis anos dicíndolles que se non actualizábamos as taxas a empresa íanos a reclamar a nosoutros, tal e como pasou. Cando chegou o momento a empresa presentou un contencioso e o único que fixo o Concello foi tratar de resolvelo o mellor posible e cos menores prexuizos para o Concello. Chegamos a ter un pacto e un convenio coa empresa para que retirase ese contencioso, para que quitase dos custes os intereses e incluso para prorrogar o pago da débeda. Saben vostedes, concelleiras do BNG, que foron as primeiras tamén que votaron non, igual que o fixo todo o resto da oposición, botando atrás todo ese pacto e ese convenio. Polo tanto a cada un o seu.

Dicir que o alcalde tivo na mesa esta execución de sentencia e que non fixo nada eu creo que é faltar á verdade absolutamente. Saben que temos consensuados entre toda a oposición uns orzamentos nos que non ía un capítulo para pagar un millón de euros de Gestagua. Estivemos valorando neste tempo a posibilidade ou ben de ir ao remanente do ano 2016, que hai que avalialo, ou ben pedir un crédito. Estas valoracións estivéronse facendo cos técnicos municipais e descartáronse ao final porque o tempo non chegaba e as recomendacións dos técnicos eran levalo nos orzamentos. Para elo foi cando se lles chamou e cando se lles dixo que ten que ir nos orzamentos e que todos os compromisos que había hai que deixalos para máis tarde.

Polo tanto o traballo está feito, non poden dicir que hai inacción, e desde logo este goberno primeiro fixo todo o posible para que non houbera esa débeda e segundo fixo todo o posible para que se poida pagar.

E quero preguntarlles ¿vostedes por que cambiaron de opinión agora? ¿por que non o fixeron antes? ¿Ten algo que ver que haxa multas coercitivas e que nos vaia ao peto dos concelleiros se non aprobamos isto ou é que agora déronse conta de que esta débeda hai que pagala si ou si e que se cometeron moitos erros durante todos estes últimos anos non aprobando a actualización da taxa de prezos da auga?

Estas son as preguntas que eu lles deixo aos concelleiros e concelleiras do BNG, a ver se mas poden responder.

Javier Jorge Castiñeira (Alcalde de Foz)

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz