26 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

14.07.2017

O DOG publica hoxe o anuncio da licitación da dragaxe no porto de Foz.

Tamén se instalará un pantalán con 40 prazas.

O presuposto total ascende a 600.000 euros.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [165 Voto/s]

Foz, 14 de xullo de 2017.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da licitación da dragaxe da dársena pesqueira no porto focense e a instalación dun pantalán en forma de L, con 40 prazas. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, subliña que “este é o principio do futuro do porto de Foz”.

Javier Castiñeira anunciou que “no día de hoxe o DOG danos unha moi boa noticia para o pobo de Foz, especialmente para o sector do mar e da náutica deportiva, porque sae licitado o dragado e a construción tamén dun pantalán para máis de 40 prazas”.

O rexedor focense lembra que “era unha noticia que víñamos esperando durante hai uns meses. Sabíamos do compromiso da conselleira e do propio presidente tamén da Xunta. Sabemos que se valoraron moitas posibilidades para tratar de axilizalo o antes posible e esta nova da licitación desta obra por máis de 600.000 euros, IVE incluído, 514.000 sen IVE, é o compromiso da Xunta de Galicia co porto de Foz”.

Castiñeira engade que “o proceso de licitación poderá ser de tres a catro meses e a partir de aí, xa organizar, cando o tempo o permita, ese dragado tan importante e tamén a construción dese novo pantalán en L, que vai ampliar en 40 prazas a capacidade do porto de Foz”.

 O alcalde subliña que “é o principio do futuro do porto de Foz, sobre todo encamiñado a esa náutica deportiva, pero especialmente tamén para cubrir co sector pesqueiro que, aínda que sexa agora pequeno, si é fundamental para a súa actividade evitar que os seus barcos queden con poucas mareas e tocando practicamente nos lodos”.

Para Javier Castiñeira “é moi boa noticia e novamente temos que facer un agradecemento a Portos de Galicia, ao señor Durán, e á conselleira porque é un compromiso cumprido que esperemos que en poucos meses poida estar feito”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz