23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.04.2012

''Estamos sufrindo a oposición máis desleal de toda a provincia''

O Concello focense é o único de toda a comarca que non se adscribiu ó decreto de pago á proveedores debido a falta de apoio de PSOE, Unifoz e BNG ó plan de viabilidade do goberno local. O alcalde advirte a estes grupos de que a Lei de Responsabilidade Civil tamén lles afecta.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [93 Voto/s]

Complexa é a situación do Concello de Foz en canto as débedas pendentes que arrastra, xa que ó non adscribirse ó decreto de pago a proveedores, será o propio Goberno central quen retire parte da dotación económica mensual á localidade para pagar as facturas atrasadas. Os votos en contra de PSOE, Unifoz e BNG imposibilitaron que sairá adiante o plan de viabilidade económica presentado polo popular Javier Castiñeira, un alcalde que acusa á oposición de ser irresponsable cos veciños e recorda que hai leis que poden actuar en contra destes tres grupos trala súa actuación ó votaren en contra do plan de axuste municipal.

En que situación queda o Concello de Foz ó non adscribirse a este decreto?

O certo é que de momento aínda non sabemos nada. O Ministerio está agora mesmo analizando os plans de axuste dos diferentes concellos e de momento seguimos percibindo as cantidades mensuais que nos achega o Goberno sen ningún tipo de problemas. Agora ben, a incertidume si está aí. O que quero é transmitirlle ós cidadáns e ós provedores unha tranquilidade absoluta, xa que se van efectuar os pagos pendentes. Logo xa se irá clarificando como afecta a Foz o non formar parte deste plan, xa que teremos menos liquidez.

Pode quedar o Concello sen liquidez suficiente para pagar ós empregados?

O que imaxinamos é que non vai pasar nada diso. O Goberno é agora o que ten que quitar deses cartos que nos dá para pagar as débedas pendentes, que xa veñen de moitos anos atrás e doutros gobernos en Foz. Entendemos que hai que pagar as facturas, pero supoñemos que teremos a suficiente liquidez como para facer fronte ós gastos habituais. De todos os xeitos aínda é cedo e o Ministerio terá que ir mirando caso por caso entre os concellos que non formamos parte do plan e establecerá actuacións independentes para cada un.

Por que non se puido chegar a un acordo ca oposición para sacar adiante o plan de viabilidade?

Simplemente porque en Foz está a oposición máis desleal de toda a provincia, e o camiño que colleu é o máis incerto. Foi a corporación local a que decidiu esto cos seus votos cando o máis sensato era acollernos ó plan de axuste como fixeron outros concellos que están en moita mellor situación económica ca nós. De momento non causa preocupación, pero hai unha lei de responsabilidade civil que sinala que cada grupo deberá facer fronte ó que fixo e ó que votou, e está tipificada penalmente.

O Concello terá que axustarse a unha liquidez máis limitada. Que accións tomará para adaptarse a isto?

Aínda que se aprobara o plan de axuste, este ía afectar igual. É un cambio de mentalidade o que hai que facer, xa que hai que reducir o gasto que é algo polo que levamos pelexando dende que chegamos ó Concello. Agora hai que seguir con outra serie de medidas e vai ser necesario que a oposición colabore en lugar de seguir perxudicando ós veciños. Debemos aprobar as cotas por depuración, isto é fundamental para a economía do Concello. Rexeitar estas taxas sería unha irresponsabilidade absoluta.

Noutra orde de cousas, como se atopa arestora o proxecto de dragado do porto?

Pois agora mesmo estamos pendentes de que saia a concurso o dragado, que será nos próximos meses. Todo está seguindo os prazos previstos e xa se está contratando por parte de Portos de Galicia un estudo sobre correntes e viabilidades na instalacións de tablestacas para solucionar o problema do dragado. Este estudo, que ten un orzamento que supera os 70.000 euros, permitiranos ver se é factible a súa ubicación no porto exterior. Por fortuna este Concello garda moi boa relación co presidente de Portos e estamos moi contentos co trato recibido por parte deste ente, que se está amosando moi colaborador cas peticións que lle achegamos.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz