24 de Xaneiro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.07.2017

O Concello de Foz recibíu a autorización da Xunta para asinar o convenio de cesión da nova residencia de maiores.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [5 Voto/s]

Foz, 27 de xullo de 2017.- O Concello de Foz vén de recibir a autorización da Dirección Xeral da Administración Xeral, da Xunta de Galicia, que permite que o Concello e o Consorcio Galego de Benestar asinen o convenio correspondente para a cesión da nova residencia de maiores. Segundo subliña ese escrito, non existe dualidade de competencias neste asunto. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, asegura que se trata dunha moi boa nova para Foz e que deste xeito se desatasca a posta en marcha desa instalación.

O rexedor focense anunciou hoxe: “dende o Concello de Foz queremos informar dunha moi boa nova, que é a comunicación por parte da Dirección Xeral da Administración Local, da Xunta de Galicia, da autorización para que o Concello poida firmar ese convenio co Consorcio Galego de Benestar de cesión da residencia ao Concello”.

Javier Castiñeira subliña que “é un acto administrativo preceptivo, a autorización da administración local para que non concorrira unha dualidade de competencias e que o Concello tivese a capacidade económica para poder solventalo”.

O alcalde explicou que “esa cesión inicialmente vaise pretender por catro anos para salvar unha situación que é unha transición do asilo de anciáns, que sabemos que está esperando precisamente por esta nova, para tratar de non pechalo e que queden aí avós que agora mesmo están nese centro e que tampouco se vexa afectado o persoal”.

Castiñeira engadiu que “a partir de agora en próximas semanas xa estamos en contacto e trataremos de traballar no que é o convenio de cesión directamente co Consorcio. Unha vez que teñamos ese convenio xa podemos sacar a licitación o concurso e tratar de mirar que ben sexa unha empresa ou unha entidade sen ánimo de lucro ou unha ong, como é o caso que hai a día de hoxe con Mensajeros de la Paz no asilo de anciáns”.

O rexedor destacou que “se desatasca un asunto que levaba varios meses así e estamos contentos porque é un pasiño máis para que nos próximos meses esa infraestrutura que hai aí feita, con equipamento incluído, estea dando o servizo para o que foi concebida”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz