21 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.07.2017

O Concello de Foz instalou lonas publicitarias en 6 puntos da vila para evitar feísmos e promocionar turísticamente o municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

2.3/5 [124 Voto/s]

Foz, 21 de xullo de 2017.- O Concello de Foz ven de instalar lonas publicitarias en seis puntos da vila para evitar feísmos. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, subliña que ao mesmo tempo se promociona o concello de Foz e A Mariña.

O rexedor focense manifesta que “durante estas semanas no concello de Foz levamos a cabo unha acción dentro do Plan Verán no referido á parte promocional e turística do noso concello. É unha acción diferente, que cremos que serve para mellorar o aspecto de moitos daqueles peches de solares que ocasionaban un feísmo dentro do noso núcleo urbano”.

Javier Castiñeira salienta que “unha das intencións do Concello é tratar de mellorar visualmente a imaxe deses solares, que afecta directamente á do conxunto do casco urbano do noso concello”.

O alcalde explica que “a actuación consistiu na colocación dunha serie de lonas promocionais que financia o Concello e que serven basicamente para dúas funcións. Primeiro adecentar ese peche e facelo visualmente máis atractivo e despois dar a coñecer a mensaxe promocional do noso concello e tamén da Mariña co lema que se propuxo para a campaña deste ano que é A Mariña, o teu destino. Foz o teu punto de encontro”.

Castiñeira detalla que “se actuou sobre seis valados de diferentes solares, o que máis chama a atención é o que hai a carón da praza Salgado Toimil e da Casa da Cultura, o solar fronte a Abanca que colle unha esquina moi grande. Está na entrada do núcleo urbano do noso concello e era un valado que afeaba moitísimo”.

O rexedor municipal entende que “é unha boa acción, diferente, creativa, coa que considero que o Concello se ve beneficiado de varias formas. Trátase fundamentalmente de darlle un cambio de imaxe a moitos dos solares que estaban afeando o noso núcleo urbano”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz