12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

30.06.2017

O Concello de Foz pon en marcha o plan verán, que inclúe máis persoal na recollida de residuos e limpeza de rúas e praias, así como a instalación de aseos públicos.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [22 Voto/s]

Foz, 30 de xuño de 2017.- O Concello de Foz ven de poñer en marcha o Plan Verán, que inclúe actuacións como o melloras nos servizos de recollida de residuos, limpeza de rúas e praias, que contarán con máis persoal, e a instalación de dúas casetas con aseos públicos nas zonas do porto e da Rapadoira.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, manifestou esta mañá que “no día de hoxe comezan oficialmente os meses potentes do verán, que son xullo e agosto; van ser dez fins de semana moi importantes para o noso concello, con moita actividade e con moita ocupación, pois prevese, como en toda A Mariña, que se batan récords novamente este ano”.

O rexedor focense salienta que “afortunadamente este ano temos un Plan Verán, que xa foi planificado nos orzamentos, que ten partidas económicas para tratar de acometer os grandes retos que nos propón o verán no noso concello, especialmente recollida de lixo, limpeza, tratamento de praias, adecentamento urbano, rozados de áreas recreativas, promoción turística e tamén aposta polo deporte”.

Javier Castiñeira subliña que “entre as novidades que existen este ano concretamente en limpeza xa se dobrou o persoal, ademais hai unha plantilla polas tardes para recollida de residuos naquelas zonas onde hai máis tránsito e evitar que haxa acumulacións nos contedores. Ademais hai un equipo de baldeo para as rúas contratado para os fins de semana, que é cando máis tránsito hai no noso concello en verán; hai un equipo limpando beirarrúas con auga a presión. Hai outro equipo, tamén de obras, adecentando zonas de pintado, pasos de peóns, especialmente as zonas de rebaixes para discapacitados, buscando esa facilidade para todas aquelas persoas que teñen difícil mobilidade”.
O alcalde de Foz engade que “xa están traballando dous tractores no rozado de cunetas e demais, tamén un equipo de peóns medioambientais que se contrataron dentro do plan de emprego deste ano que vai ocupar a máis de quince persoas”.


Castiñeira declara que “hai tamén un plan de promoción turística importante onde, ademais da promoción do noso concello nos medios de comunicación, faise énfase no que é o tratamento das praias, na mellora dos aparcamentos de verán para facilitarlles aos turistas o acceso a diferentes zonas do noso pobo. Veranse tamén unha serie de lonas cubrindo espazos que non teñen unha imaxe correcta e que van levar o lema deste ano do noso concello e colocamos dous aseos públicos nas zonas do porto e da praia, con varios compartimentos para homes e mulleres, que creo que cobren unha necesidade que pedían para o noso concello e non existían”.

O rexedor de Foz asegura que “as expectativas son moi boas e esperamos, desde o equipo de goberno, que se cubran as mellores expectativas para todos e sexamos capaces de que este verán que se prevé potente sexa un dos mellores veráns para o noso concello”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz