20 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

06.06.2017

Aclaracións do alcalde de Foz, Javier Castiñeira, sobre os ataques persoais do PSOE.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [10 Voto/s]

Quero facer unhas aclaracións con respecto ás declaracións do Partido Socialista e as acusacións persoais que fixeron contra a miña persoa, sobre todo pola localización da depuradora de Forxán.

A verdade é que me parece bastante lamentable entrar en temas persoais, involucrando a terceiras persoas que non teñen absolutamente nada que ver coa política. Simplemente paréceme mezquino. Esa é a política que practica o Partido Socialista de Foz. Son os únicos argumentos que teñen hoxe en día para rexeitar a localización para depuradora. E sigo opinando o mesmo: o Partido Socialista dirixe e toma as decisións da asociación San Gonzalo, que foi creada especificamente para montar follón con respecto á depuradora. E proba diso é o que dicimos sempre: parte da directiva de San Gonzalo foron membros da candidatura do señor Cancio ou son familiares dos compoñentes desa lista.

Por outro lado, esta xente que fala agora nunca abriu a boca cando o Partido Socialista e o señor Cancio querían levar a depuradora para a praia de Peizás, situación moito máis lesiva para os veciños de Forxán que a que se propón agora. ¿Onde estaba esta xente cando o Partido Socialista quería situar a depuradora precisamente na Cha de Porto de Río, na zona costeira de Forxán?

Con esas descualificacións non van a ningún lado, porque esta nova ubicación ten o apoio da maioría da corporación e imos seguir con ese obxectivo. Vaise empezar a redactar o anteproxecto en próximas datas, porque está xa licitado.

Quero dicirlle tamén ao Partido Socialista que se nalgún momento ten dúbidas da honorabilidade deste alcalde ou dalgún membro do seu equipo, o que ten que facer loxicamente é denuncialo no ámbito que vexa e tratar de solucionalo o antes posible. Non obstante, eu creo que é un argumento bastante mezquino.

Na bolsa de solo que se está propoñendo, onde hai moitos propietarios, a maior parte deles loxicamente son veciños de Forxán, barrio no que efectivamente eu teño familiares.  Pero o PSOE entra nunha contradición cando por un lado din que a depuradora é mala e por outro afirman que intento beneficiar a algúns veciños colocando a depuradora nos seus terreos, cando quen todo caso así serían os máis prexudicados.

A realidade é que esa é a mellor ubicación de todas as propostas, sexan de quen sexan os terreos. E serán os técnicos quen valoren o prezo de mercado que teñan esas fincas e loxicamente por iso se pagarán.

O Partido Socialista ten que buscar algún outro argumento diferente, totalmente distinto ao persoal, porque verdadeiramente eu creo que así van bastante mal. Están na mesma liña que levan durante estes últimos anos, perdendo apoios e concelleiros, particularmente en Forxán e no conxunto da parroquia de San Martiño, onde os resultados nas últimas eleccións foron bastante relevantes.

O PSOE entra no terreo do ataque persoal para intentar ocultar que en realidade esta alegación para o único que serve é para retrasar investimentos e contratacións que aos socialistas lles molestan e para crear prexuízos na organización do verán en Foz, coa intención de estar toda a tempada estival criticando ao goberno municipal.

Javier  Jorge Castiñeira (alcalde de Foz)

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz