15 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

12.05.2017

O DOG publica hoxe a licitación do anteproxecto e o estudo de impacto ambiental para a nova depuradora de Foz.

O alcalde destaca que é un paso máis para eliminar a actual EDAR situada no porto.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [17 Voto/s]

Foz, 12 de maio de 2017.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación do anteproxecto e o estudo de impacto ambiental para a nova depuradora de Foz. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, espera que o vindeiro ano dea comezo a construción desa EDAR que estará localizada entre Forxán e Fazouro.

Javier Castiñeira anunciou que “hoxe aparece no DOG un paso máis para a eliminación da depuradora do porto de Foz. Sae a licitación o anteproxecto e o estudo de impacto ambiental da nova depuradora, tal e como nos informou no seu momento o presidente de Augas de Galicia á comisión de seguimento da EDAR”.

Para o rexedor focense “é unha moi boa nova, sobre todo sabendo que está estes días nas noticias esa influencia da actual depuradora sobre a bandeira azul da praia da Rapadoira. Non deixa de ser unha casualidade, pero si demostra o interese por este asunto que ten a Xunta de Galicia, este goberno e a maioría da corporación, neste caso Partido Popular e Foz Plataforma de Futuro, que son os dous grupos que apostaron por unha nova localización para a depuradora na Granda, entre Forxán e Fazouro”.

O alcalde de Foz subliña que “é un paso importante. Trátase do segundo paso, posto que o primeiro foi a firma do convenio coa conselleira de Medio Ambiente que garante o financiamento de 8 millóns de euros para esta instalación. Os seguintes pasos, unha vez que se contrate esa unidade técnica para facer o anteproxecto, serán dar un prazo para elaborar o anteproxecto e o estudo de impacto ambiental, que despois virá ao Concello e será a corporación a que teña que aprobar ese anteproxecto, expoñelo ao público, resolver as alegacións e, se todo sigue na liña que levamos agora, quedará aprobado. Polo tanto o seguinte paso é poñer a disposición os terreos, que deberá mercar o Concello, para o que existe crédito nos orzamentos deste ano”.

Castiñeira engadiu que “a partir de aí o 2018 moi probablemente será importante para a nova depuradora, porque será o ano no que sairá licitado o proxecto e a construción”.

O rexedor rematou comentando que “é casualidade que saia esta publicación no DOG poucos días despois de que se vira claramente que a depuradora situada no porto afecta aos intereses turísticos e comerciais do noso concello. Desde logo con isto non se xoga e eu entendo que é unha moi boa nova. Espero que toda a corporación tamén o vexa así”.

Enlace co anuncio publicado hoxe no DOG:

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz