17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.05.2017

Foz acollerá do 30 de xullo ao 5 de agosto un campus de baloncesto e un campamento urbano multideportivo organizados polo CB Ensino.

Na presentación destes eventos participou o alcalde.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [23 Voto/s]

Foz, 10 de maio de 2017.- Foz acollerá do 30 de xullo ao 5 de agosto deste ano un campus de baloncesto e un campamento urbano multideportivo organizados polo CB Ensino, de Lugo. Na presentación destes eventos participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

O campus de baloncesto está dirixido a mozos de entre 9 e 17 anos e o campamento urbano para nenos desde os 3 aos 12 anos. Os dous eventos ofrecen varias posibilidades de participación: mañás, de 10:00 a 14:00 horas, cun prezo base por persoa de 60 euros; media pensión, de 10:00 a 18:00 horas, cun prezo base por persoa de 120 euros; e pensión completa, cun prezo base por persoa de 280 euros.

A organización explica que esta oferta de ocio activo é posible grazas á colaboración entre un amplo grupo de entidades públicas e privadas: Porta XI Ensino, Concello de Foz, CB Celtas de Foz e colexio Martínez Otero.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz