12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

04.05.2017

A Consellería do Mar analizará a proposta que lle presentou hoxe a asociación A Ribeira e o alcalde de Foz para ampliar as prestacións da dársena de Portochico.

Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [4 Voto/s]

Foz, 4 de maio de 2017.- A Consellería do Mar analizará a proposta que lle presentou a asociación A Ribeira para ampliar as prestacións para os usuarios da dársena de Portochico, en Foz. Para abordar ese asunto hoxe celebrouse en Santiago unha reunión na que participaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; e os tres directivos da asociación A Ribeira: o presidente, Alberto Burundarena Maseda; o secretario, Estanislao Moreda Rodríguez; e o vocal Ramón Cajoto Sante.

Despois da xuntanza o rexedor municipal focense explicou que “foi unha reunión moi interesante para valorar as posibilidades de mellorar a funcionalidade da dársena de Portochico, que é unha das dúas que ten o noso porto. Por parte da delegación focense temos que agradecer a atención que nos dispensou a conselleira, sabendo a problemática que existe de falta de calado nas dúas dársenas e as limitacións que a día de hoxe teñen os usuarios, tanto os pesqueiros como os da náutica deportiva en Foz”.

Javier Castiñeira engadiu: “confórtanos saber que está moi avanzado o dragado da dársena interior do porto, pero para a parte de Portochico, que ten un potencial moito maior do que ofrece actualmente, a proposta que se fixo por parte dos directivos de A Ribeira eu creo que é moi interesante. De feito vaise analizar por parte dos técnicos da Consellería para ver se é viable e poder nun momento dado, segundo os estudios que se teñan que facer, ampliar a oferta que pode dar Portochico simplemente cuns pequenos cambios estruturais”.

O alcalde de Foz rematou dando as grazas “desde á delegación focense á conselleira, Rosa Quintana; ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; e ao presidente de Portos, José Juan Durán, por escoitarnos e ver as demandas dos usuarios do porto de Foz”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz