18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

08.03.2017

DÚAS LEXISLATURAS TAPANDO FURADOS

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [30 Voto/s]

Desgraciadamente na política non sempre dúas máis dúas son catro; ás veces entendemos o que queremos ou simplemente os propios partidos políticos versionamos as nosas posicións totalmente diferentes ás dos outros encontrándolle algún sentido á nosa postura, ás veces con grandes doses de demagoxia, un recurso moi útil sobre todo para algúns partidos da esquerda.

Pero cando se fala de cartos e de economía municipal xa cambia a cousa. O Concello é coma un fogar grande onde ou te aplicas e es responsable ou te tiras á bartola e non chegan os cartos, pero 2+2 xa empezan a acercarse a 4, ou iso é o que o PP de Foz sempre aplicou.

Digo isto porque en Foz está a pasar exactamente isto. Cando entrou o goberno actual do PP no ano 11 díxose:
"imos ter problemas coas licencias que cobrou o anterior goberno e xa gastou, porque van acabar reclamándoas".  ¡ Zasca !,
"imos ter problemas con Gestagua se non actualizamos as taxas que vostedes mesmos pactaron coa empresa no 2007". ¡ Zasca !
"temos débedas doutros anos e non hai cartos no banco". ¡ Zasca !
"hai que axustar a contribución, que non está actualizada e o Concello non é capaz de ingresar para pagar o que se debe"

Aí están os resultados, todo o que dixo o PP pasou; e a oposición sempre en contra, dando largas, e argumentando o indefendible.

Pois ben, pasaron 4 anos e o novo goberno adicouse a pagar case 2 millóns de euros de débeda aos bancos, outro millón e medio de facturas non pagadas polo anterior goberno e medio millón máis de devolver as licencias que o PSOE xa gastara; e aínda con elo, deixar cerca de 1 millón de euros aforrado en caixa. Neste caso, como dicía o noso slogan, AS CONTAS CLARAS.

2m+1.5m+0.5m+1m=5m. 5 millóns en 4 anos en minoría a favor do Concello, que serviron para tapar furados.

Escribo isto porque agora toca nesta lexislatura seguir tapando furados. Seguen reclamando licencias xa cobradas e gastadas polo goberno do PSOE: no 2016 foron 200.000 euros e este ano xa nos reclaman 300.000. E, por outro lado, sae o GRAN FURADO do millón de euros de Gestagua, do que o actual goberno veu reiteradamente avisando dende o ano 2011: "que se o pleno non actualizaba as taxas tocaríanos pagalo dos orzamentos municipais."

A OPOSICION NEGOUSE, argumentando que non era o momento de subir a auga, e ¡ Zasca ! Aí temos a sentenza xudicial e a pagar en marzo a Gestagua o millón de euros. Aló van os orzamentos do 2017.

Novamente o que dixo o PP volveu ocorrer:  devolveremos o medio millón de euros aos promotores, que sumados aos da lexislatura pasada, farán 1 millón de euros, que gastou o PSOE, e  devolverémoslle á concesionaria Gestagua, que o PSOE prorrogou 20 anos, o millón de euros que reclama por non atender ao que advertía o goberno do PP.

Menos mal que se foi prevendo e hai cartos na caixa que permiten eses pagamentos, senón o Concello estaría en quebra técnica.

Pero isto non e todo. A soberbia da oposición chega en novembro do ano 15, cando a sabendas de todo isto e a sabendas de que había que facer fronte ás débedas que eles mesmo xeraron, van e  irresponsablemente propoñen rebaixar a contribución ao mínimo, base fundamental dos ingresos do Concello. Unha rebaixa ao mínimo para quedar ben eles e arruinar as contas que ao final son as todos.

Señores veciños: ¿non cren que esta xente da oposición de Foz son algo irresponsables de máis? ¿quérenos vostedes de administradores na súa casa?

Simplemente recorden que en política tamén 2+2=4. O resto son MILONGAS, pero, iso si, con grandes doses de demagoxia.

Juan Rivas
Secretario Xeral do PP de Foz

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz