29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.02.2017

O alcalde de Foz cualifica de moi positivos os actos do Entroido local celebrados, que rexistraron no desfile do sábado 1.500 participantes e 15.000 persoas nas rúas.

Recomendar Imprimir Atrás

2.3/5 [45 Voto/s]

Foz, 27 de febreiro de 2017.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe un balance moi positivo dos actos celebrados ata agora dentro do programa do Entroido 2017, que rematará o vindeiro venres na vila focense. O rexedor cualificou de auténtico éxito as actividades desenvolvidas, salientando que no desfile do pasado sábado participaron 1.500 persoas e arredor de 15.000 puideron velo nas rúas. O alcalde agradece o traballo realizado por todo o persoal municipal implicado no desenvolvemento do desfile.

Javier Castiñeira manifestou: “dende o Concello de Foz queremos facer unha valoración dos actos do Entroido moi positiva. Estamos tremendamente orgullosos, falo en nome de toda a corporación municipal, posto que todos os actos que se veñen organizando dende a cea de coroación ata o día de onte están tendo un éxito de participación enorme, un éxito de público como nunca houbo”.

Castiñeira considera que “hai que ser agradecidos, queda aínda camiño por diante durante estes días en diferentes actos pero hai que dicilo: a festa de coroación, a tope; o pregón e as coplas, a tope; e que dicir do desfile do sábado, é emocionante ver que se bateron récords de participación con preto de 1.500 persoas participando e máis de 15.000 persoas nas rúas”.

Para o rexedor focego “é froito do bo ánimo que hai no pobo pero tamén de moito traballo e moita organización. Eu creo que é o momento de dicilo, hai que felicitar á Policía Local e a Protección Civil de Foz; dar as grazas a Protección Civil de Barreiros, que saiban todos os veciños de Foz que Protección Civil de Barreiros colabora na organización do desfile de Foz. Iso é algo que é de agradecer ao Concello de Barreiros, ao seu alcalde persoalmente, pero tamén á agrupación de Protección Civil de Barreiros”.

O alcalde manifesta tamén o agradecemento “a todos os operarios municipais: á cuadrilla de Obras, de Xardinería, á xente de Cultura, á xente das redes sociais. A verdade é que estou tremendamente orgulloso e como compañeiro quero dicirlles que fixeron un traballo admirable”.

Javier Castiñeira móstrase “moi contento. Os mellores resultados que podíamos dar son estes. Tivemos a sorte de que nos acompañara o tempo”.

O rexedor desexa “que siga o ánimo. Hoxe, luns, hai o Baile do Farolillo e mañá, martes, celebrarase o baile infantil das amas de casa; e, por suposto, remataremos coa queima do Entroido. Animo a todo o mundo porque ese é o momento de agradecerlle ao Entroido, coa súa queima, pero tamén agradecerlle á organización, ás raíñas e a todas aquelas persoas que o están dando todo para que este sexa un dos mellores entroidos de Galicia, recoñecido non só polos focenses senón por todos os mariñáns e tamén por todas as persoas que nos visitaron e nos están visitando durante todos estes días”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz