23 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.02.2017

O alcalde de Foz aclara dúbidas sobre o recibo do IBI deste ano, despois das modificacións realizadas neste imposto.

Javier Castiñeira explica que as persoas co pago domiciliado terán unha bonificación do 5%.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 15 de febreiro de 2017.-  O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, aclara algunhas dúbidas xurdidas nos últimos días sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI) deste ano. O rexedor explica que as persoas que xa teñen o recibo domiciliado recibirán unha bonificación do 5 por cento e os que non, teñen de prazo ata o día 28 deste mes para solicitalo e así poder acollerse a esa rebaixa.

Javier Castiñeira manifestou: “dende o Concello de Foz, dadas as dúbidas que se están a plantexar a día de hoxe nas oficinas xerais, consideramos necesario aclarar varios conceptos relacionados co cobro do IBI do ano 2017, dado que houbo modificacións que afectan precisamente ás contías que se van cobrar este ano na contribución”.

O alcalde de Foz sinala que “o coeficiente de aplicación redúcese do 0´60 ao 0´52, o que vai implicar unha rebaixa importante de todos os recibos. Tamén é ben certo que durante este ano queda a última actualización dos valores catastrais pero que afectan en moita menor medida; polo tanto todos os recibos de por si xa van ter unha baixa importante, que pode ser de arredor do 5 por cento aproximadamente, facendo as compensacións”.

Castiñeira engade que “por outro lado, que é onde hai as dúbidas, aclararlle á xente que a bonificación do 5 por cento, que é a máxima que nos permite a lei, é para todos aqueles recibos que estean domiciliados. Os que están xa actualmente van ter a bonificación de oficio, non fai falta que o soliciten. Pero si deben facelo aquelas persoas que non teñan o recibo domiciliado, pois se queren recibir esa bonificación teñen que solicitalo no Concello antes do 28 de febreiro para que xurda efecto no ano 2017. Esa é unha aclaración moi importante porque todas aquelas persoas que xa teñen o recibo domiciliado de anos anteriores non van ter ningún problema porque se lles vai aplicar xa directamente esa bonificación do 5 por cento que se suma a ese 4 ou 5 por cento de baixa, o que vai ocasionar entre un 8 ou 10 por cento de redución con respecto ao recibo do ano pasado”.

O rexedor salienta que “tamén é moi importante para todas aquelas persoas que ata o día de hoxe non o tiñan domiciliado, que pagaban directamente no banco ou viñan ao Concello, como agora leva a xestión a Deputación, se queren domicílialo que o fagan antes do 28 de febreiro para ter xa ese desconto do 5 por cento pola bonificación. Teñen que vir aquí ao Concello, pedir un escrito que hai xa específico para isto e solicitar a domiciliación; se entra antes do 28 de febreiro terá xa directamente a bonificación”.

Para Javier Castiñeira “é importante esa aclaración porque moitas xestorías e incluso desde algún servizo dalgunha administración había certas dúbidas sobre a ordenanza. A aplicación, dende logo, é a máis satisfactoria para os veciños que teñen domiciliado, pois xa de oficio van ter esa bonificación automática do 5 por cento, e os que soliciten a domiciliación antes do 28 tamén terán esa mesma rebaixa”.

O alcalde espera que así “quede aclarado este asunto importante pois ao haber moitas dúbidas a xente necesitaba información”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz