16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.02.2017

Hoxe foi presentado o X Campionato Internacional de Baristas que terá lugar no IES de Foz do 15 ao 17 deste mes.

O alcalde destacou a importancia para o municipio deste evento e doutras actividades que organiza este centro educativo.

Recomendar Imprimir Atrás

2.4/5 [23 Voto/s]

Foz, 9 de febreiro de 2017.- Esta mañá foi presentado o X Campionato Internacional de Baristas do IES de Foz, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de febreiro. Durante o acto, no que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, tivo lugar unha cata de cafés. O rexedor subliñou a importancia para o municipio deste evento e doutras iniciativas que organiza este centro educativo.
 
Javier Castiñeira sinalou que “segue a ser un orgullo toda a actividade que se fai no IES de Foz, pero especialmente estas iniciativas encamiñadas a promocionar aos seus alumnos e a mellorar a súa competencia”.

Para o rexedor focense o X Campionato Internacional de Baristas “é un evento xa consolidado, coñecido en toda a nosa autonomía e noutras veciñas. Cada vez está a coller máis auxe, mellora a competitividade dos seus alumnos e tamén doutros profesionais”. E engadiu: “desde o Concello queremos darlles os parabéns e o máximo apoio aos organizadores deste evento e persoalmente ao director do IES de Foz, porque esta actividade trata de abrirse cara o pobo; e mostra diso é esta presentación tan bonita que se fixo diante do Concello e que tivo moito éxito entre a xente. Puidemos degustar un café estupendo dos alumn@s do centro e de xente que foi premiada recentemente en Madrid pola súa labor como baristas. A verdade é que quedou unha presentación moi interesante e verémonos xa o vindeira semana neste Campionato Internacional de Baristas”.

Pola súa banda o director do IES de Foz, Nicolás Asensio, anunciou que “es el X Campeonato de Escuelas de Hostelería, V Campeonato de Cata de Cafés y V Campeonato de Baristas Profesionales. Se va a desarrollar en las instalaciones del IES de Foz  a lo largo del miércoles, jueves y viernes, 15, 16 y 17 de febrero”.

O director do centro explicou que “va a consistir en desarrollar unas finales y vamos as intercalar varias actividades. El miércoles se hará una demostración de tiraje de cerveza y el jueves, mientras delibera el jurado, va a haber una demostración barista a cargo del campeón de España en Latte Art en los años 2014, 2015 y 2016, que se llama Héctor Hernández”.

Nicolás Asensio engadiu que “el viernes ya es el último día, donde a lo largo de la mañana se desarrollará el Campeonato Internacional de Baristas y finalizará la jornada con una demostración barista”.

O director do IES de Foz lembrou que “es una actividad que viene haciendo el centro ya desde hace diez años; fundamental porque entendemos que el futuro del café, de las empresas y de los profesionales que trabajan el café está en fomentar el consumo de cafés de calidad y una forma estupenda para conocer este mundo y para entrar es dejarse llevar por los baristas, que le sacan el máximo partido a los cafés que emplean”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz