17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.12.2016

O BOP publica hoxe a licitación das obras de reforma integral do pavillón polideportivo municipal de Foz cun investimento de case 600.000 euros.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [17 Voto/s]

Foz, 26 de decembro de 2016.- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a licitación das obras de reforma integral do pavillón municipal de deportes de Foz. Cun investimento de case 600.000 euros, esta actuación é froito do acordo acadado entre o equipo de goberno do PP e o grupo municipal do BNG. As empresas interesadas dispoñen de dez días de prazo para presentar as súas ofertas.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “hoxe é un bo día para o deporte local porque, ademais de presentar a nova pista de pádel, o Concello de Foz publica no Boletín Oficial da Provincia a licitación da obra de reforma integral do pavillón municipal, que, como todos sabemos, non está nas mellores condicións e leva moitos anos sen tocar”.
O rexedor municipal salienta que “é un investimento integramente feito polo Concello con cartos de todos os focenses, que ascende a case 573.000 euros inicialmente no presuposto e que é froito dun acordo para o uso en investimentos do remanente do ano 2015, un acordo acadado entre o equipo de goberno, o Partido Popular, e o grupo municipal do BNG. Estamos en proceso de negociación do orzamento municipal para 2017 e eu creo que debe quedar moi claro que aqueles grupos que apoian os orzamentos do Concello loxicamente os cidadáns deben visualizar que efectivamente iso se transforma en investimentos e beneficios para todos os veciños; e neste caso para todos os deportistas e usuarios do pavillón municipal”. 
Javier Castiñeira lembra que “os usuarios do polideportivo son moitos, non só o Club Deportivo Celtas que xoga alí e era unha demanda que tiña,  senón outros moitos, como por exemplo equipos de ximnasia rítmica, artes marciais, fútbol sala de veteranos. Todos estes usuarios teñen que saber que esta reforma é froito dun acordo entre o BNG e o Partido Popular; e eu creo que saberán valorar que os esforzos políticos ao final levan a obras necesarias. Creo que é de xustiza que se saiba que aqueles que se comprometen politicamente no pleno da corporación municipal, ao final teñen certos beneficios, como é poder dicir que isto é froito dun bo acordo”.
O alcalde de Foz engadiu que “hai agora 10 días para que presenten ofertas diferentes empresas e a partir de aí puntuarase segundo os criterios postos nas bases. Trataremos de que esta obra non impida que se rematen todas as competicións que hai agora mesmo en curso e que se disputan no pavillón municipal, para o que intentaremos facela tal vez un pouco máis avanzada a primavera coa intención de que interrompa o menos posible”.
Castiñeira rematou comentando que “estamos contentos e esperanzados en que tal vez ao inicio da próxima tempada se poida contar xa cunhas instalacións totalmente decentes, coa cuberta cambiada, sen goteiras, sen humidades, cun novo parqué e con reformas interiores en aseos e vestiarios e tamén na zona de público, con novas bancadas. Contentos porque imos poder levar a cabo unha obra que era moi demandada no noso concello”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz