22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.12.2016

Medio milleiro de persoas seguiron a visita de Papá Noel en Foz, a onde chegou nun novo trineo.

Recomendar Imprimir Atrás

2.4/5 [14 Voto/s]

Foz, 26 de decembro de 2016.- Medio milleiro de persoas seguiron este pasado sábado, día 24, a visita de Papá Noel a Foz, a onde chegou nun novo trineo.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “medio milleiro de pais, nais e sobre todo nenos e nenas gozaron coa recepción que o Concello de Foz lle fixo a Papá Noel, que chegou no seu novo trineo e fotografouse cos nenos focenses na cabana con trono e buzón que o Concello dispuxo diante da casa consistorial. Os nenos puideron facerlle as súas solicitudes a Papá Noel e recibiron ademais unhas bolsas de lambetadas e logo puideron pasear no trineo con Papá Noel polas rúas do concello”.
O rexedor municipal engadiu: “organizou o acto o Concello de Foz coa colaboración do grupo O Feitizo e quero agradecer a todos os que participaron neste bonito evento, incluída a Policía Local, que ese día dobrou servizo posto que pola tarde celebrouse a carreira popular Run Foz Run Nadal polas rúas do Casco urbano”.
Javier Castiñeira rematou aproveitando para “felicitar as festas a todos os veciños da Mariña”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz