21 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.12.2016

O Concello de Foz mellorou viarios nas parroquias de San Acisclo, Vilaronte, Santa Cilla e San Martiño.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [39 Voto/s]

Foz, 15 de decembro de 2016.- O Concello de Foz mellorou viarios nas parroquias de San Acisclo, Vilaronte, Santa Cilla e San Martiño. Anunciouno hoxe o concelleiro delegado de Medio Rural, Mar e Obras, Pedro Fernández Manín, que xunto a técnicos municipais visitaron a parroquia de San Acisclo para facer o recoñecemento das obras de asfaltado, rebacheo e limpeza de cunetas das estradas que dan acceso ós núcleos de Os Pinos, O Piñeiro e A Senra.
 
Pedro Fernández Manín  manifestou que “unha vez rematadas as obras de mellora de firme e asfaltado de camiños das parroquias de Vilaronte, Santa Cilla e San Martiño, o Concello de Foz segue a realizar obras de mantemento noutras zonas do concello. As actuacións que se están a levar a cabo pertencen ó POS 2016 e nelas o Concello de Foz inviste preto de 65.000 euros, dos cales a Deputación Provincial aporta 52.000 euros”.

O concelleiro de Obras focense engadiu que “co persoal do Concello tamén se limparon as cunetas nos barrios de Sobrado e A Igrexa, na parroquia de San Acisclo”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz