29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

07.12.2016

Fallado o XV concurso de postais de Nadal do concello de Foz, que é o máis antigo da comarca e recibiu 697 traballos.

Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [35 Voto/s]

Foz, 7 de decembro de 2016.- A décimo quinta edición do concurso de postais de Nadal convocado polo Concello de Foz, que é o máis antigo da comarca e recibiu 697 traballos, foi fallado polo xurado, que se reuniu antonte, luns, día 5.  

A relación de premiados é a seguinte:
1º premio categoría infantil ACarmen López Aguiar (6 anos)  
2º premio categoría infantil AAdrián Villapol Iravedra (5 anos)
 
1º premio categoría infantil BLuis Montero Fernández (9 anos)
2º premio categoría infantil B Cecilia de Jorge Otero (10 anos)
 

1º premio categoría xuvenil Ayla Gordon Escobar (11 anos)
2º premio categoría xuvenil Clara Franco Paleo (11anos)

Accesits: Luis Berdeal de la Barrera (6 anos), Bruno Rodríguez Docobo (10 anos) e Ayman Mustapha Rasouani Mansri (11 anos).

Entre os premiados a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional foi a de Luis Montero Fernández, de 9 anos de idade, do colexio Nosa Señora do Pilar, polo que o premio especial foi para ese centro.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, destacou: “estamos moi satisfeitos coa participación, porque se presentaron un total de 697 postais: 207 na categoría Infantil A, 303 na categoría Infantil B e 187 na categoría Xuvenil. Outro récord  coa participación de todos os colexios da vila e o IES de Foz, polo que o xurado seleccionador tivo un duro traballo. Dende a Biblioteca Pública Municipal agradecemos moitísimo, un ano máis, esta gran participación, consideramos o esforzo que supón e a calidade demostrada”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz