23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.11.2016

O Concello de Foz recibiu hoxe da Xunta un remolque equipado para emerxencias para a agrupación local de Protección Civil.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [16 Voto/s]

Foz, 17 de novembro de 2016.- O Concello de Foz recibiu hoxe na Estrada un remolque de emerxencias que completará o equipamento da agrupación local de Protección Civil.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou: “no día de hoxe vimos de recibir un remolque de emerxencias cos compañeiros de Protección Civil de Foz. Estamos contentos porque é un equipamento para unha agrupación de Protección Civil que presta un servizo extraordinario no noso concello. Era un dos últimos equipamentos que nos faltaba dado que nos últimos dous anos recibimos primeiro un vehículo pick up, que lle facía falta a Protección Civil e que se sumou a outro vehículo que xa tiña esta agrupación; tamén recibimos o ano pasado unha lancha pneumática, que se xunta a outra que xa tíñamos dentro do equipamento”.

Javier Castiñeira subliñou que “agora recibimos este remolque, que é moi práctico e moi necesario. Está equipado cun grupo de electricidade, cunha bomba de achique, cun sistema de trípode e focos para actuacións nocturnas, con desbrozadora e motoserra, equipo de sinalización e outras ferramentas. A verdade é que nos ven moi ben”.

O rexedor municipal focense salientou que “a agrupación de Protección Civil de Foz está colaborando integramente co Concello. Leva máis de cento setenta niños de velutina destruídos, está loitando contra a velutina dun xeito excelente; fixo unha campaña de verán de apoio nas praias, nas festas e en todas as actividades que se organizaron estupenda. Se alguén merece mellorar o seu equipamento desde logo que é Protección Civil de Foz. Recibimos con bo agrado este remolque e dámoslle as grazas á Xunta de Galicia, á Dirección Xeral de Emerxencias, e en concreto a Luís Menor, actual director xeral de Emerxencias, e quedamos tamén á enteira disposición desta dirección para calquera outra circunstancia”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz