28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

16.11.2016

Alumnos da escola obradoiro Pardo de Cela III están realizando traballos de limpeza nas beiras do río Centiño ao seu paso polo municipio de Foz.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [66 Voto/s]

Foz, 16 de novembro de 2016.- Alumnos do módulo de silvicultura da escola obradoiro Pardo de Cela III realizan estes días traballos de limpeza nas beiras do río Centiño ao seu paso polo municipio de Foz. Precisamente ata esta zona achegouse hoxe, mércores, o primeiro tenente de alcalde focense e concelleiro de Medio Rural, Pedro José Fernández Manín, para coñecer como avanzan os traballos. O edil agradeceu aos alumnos o labor levado a cabo neste obradoiro formativo organizado de forma conxunta polos concellos de Foz, Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz e destacou a boa coordinación que se está a dar entre tódolos responsables da iniciativa.

Pedro Fernández Manín explicou: “hoxe, aproveitando o bo tempo, decidimos facer unha visita aos alumnos do obradoiro Pardo de Cela III, que comparten os concellos de Foz, Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz, concretamente ao módulo que está actuando no municipio focense, que é o de silvicultura, formado por 10 persoas: cinco veciños de Foz e cinco de Mondoñedo. O que lles toca no proxecto é limpar as beiras dos ríos Centiño e Alemparte, que realmente necesitaban unha limpeza e a verdade é que é moi meritorio o traballo que están facendo nunha situación bastante complicada, con moita maleza. Os traballos están quedando moi ben e estamos moi contentos. Sobre todo nesta escola obradoiro que compartimos catro concellos o importante é a boa coordinación entre os responsables dos obradoiros e os dos concellos; e a verdade é que está habendo unha moi boa coordinación”.

O concelleiro engadiu que “o módulo que afecta a Foz e Mondoñedo comezou a traballar a finais do mes de setembro en Mondoñedo, actuando sobre varias áreas recreativas, e neste momento está a facelo nas marxes do río Centiño. O outro módulo, que é o de O Valadouro e Alfoz, tamén leva un sistema parecido”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz