15 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.09.2016

O vindeiro sábado, 24 de setembro, celebrarase o X Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz.

O evento foi presentado esta tarde.

O alcalde subliñou que se trata dunha ruta que gusta moito á xente.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [33 Voto/s]

Foz, 22 de setembro de 2016.- O X Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz terá lugar este sábado, 24 de setembro. O evento foi presentado polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e por membros da directiva da asociación Os Sendeiros de Foz.

O rexedor dixo que “o próximo sábado a partir das nove e media da mañá e con concentración inicial e punto de saída na praza Conde de Fontao, na zona portuaria de Foz, dará inicio a décima marcha sendeirista organizada polos Sendeiros de Foz, que discorrerá pola ruta Río Ouro e Praias de Foz”.

Castiñeira sinalou que “como todos os anos estamos a falar dun clásico do mes de setembro, onde se xuntan arredor de 400 sendeiristas de Galicia e de Asturias nunha xornada estupenda e a través dunha ruta que gusta moito á xente”.

O alcalde focense explicou que “se partirá ás nove e media da mañá desde a praza Conde de Fontao en autobús, e de aí directamente á zona próxima ao río Ouro e desde alí xa se baixa facendo esa ruta e se encaixa na Pampillosa coa das praias, para rematar na zona do porto, onde ás dúas e media se dará unha bonitada para todos os participantes”.

A ruta está organizada por Os Sendeiros de Foz, que contan coa colaboración do Concello. “Moita sorte a todos, que disfrutedes da ruta e que pasedes moi bo día”, rematou o rexedor.   

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz