22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

20.09.2016

Visita de MARIANO RAJOY a Foz

Dará un paseo pola vila charlando con todolos veciños/as que se queiran achegar.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [39 Voto/s]

Mañá mércores, a partir das seis da tarde teremos a visita do Presidente do Goberno en funcións  e presidente do Partido Popular, MARIANO RAJOY. Na súa visita a Foz, enmarcada na axenda desta campaña electoral, paseará, repartira propaganda electoral e charlará con todos os veciños e veciñas da localidade. Estará acompañado por cargos do PP, ademais do rexedor e presidente local do Partido Popular, Javier Castiñeira e dos candidatos do Partido Popular de Lugo ás eleccións autonómicas, entre eles, Maite López Rego, concelleira no concello de Foz.

Tras a súa recepción na Praza Conde de Fontao polas distintos representantes do Partido Popular e saudar a afiliados, veciños e simpatizantes, a comitiva dirixirase pola rúa Paco Maañón ata a Praza Martínez Otero e desde alí pola Avenida dá Mariña ata a Glorieta de Villaba onde sobre as sete e media da tarde, finalizará a súa visita á vila.

Dende o Partido Popular de Foz animámosvos a todos, veciños, afiliados e simpatizantes, a participar neste acto co Presidente do Goberno en funcións.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz