19 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.09.2016

O Concello de Foz mellorou a estrada de Fazouro que une o cámping coa praia da Pampillosa.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [36 Voto/s]

Foz, 5 de setembro 2016.- O concelleiro delegado de Medio Rural e  Obras en Foz, Pedro Fernández Manín, e técnicos do Concello fixeron hoxe, luns,  o recoñecemento das obras executadas na estrada da parroquia de Fazouro que comunica o cámping coa praia da Pampillosa.

Pedro Fernández Manín explicou que “esta estrada atopábase en moi mal estado e as obras consistiron en limpeza de cunetas, tapado de fochancas e reforzo do firme con aglomerado en quente”.

O concelleiro de Medio Rural e Obras precisou que as actuacións levadas a cabo neste viario “fixéronse con cargo ós presupostos municipais do presente exercicio e figuraban no programa do equipo de goberno e despois foron solicitadas por grupos da oposición”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz