29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

02.09.2016

A Basílica de San Martiño, en Foz, recibiu 13.446 visitas durante os meses de xuño, xullo e agosto deste ano.

Supón un incremento do 20 por cento respecto ao mesmo período no 2015.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [45 Voto/s]

Foz, 2 de setembro de 2016.- A basílica de San Martiño, no municipio de Foz, recibiu 13.446 visitas durante os meses de xuño, xullo e agosto deste ano, o que supón un incremento do 20 por cento respecto ao mesmo período no 2015. Estas cifras foron dadas a coñecer hoxe pola concelleira de Cultura focense, Silvia Blach.

A edil explicou que “a basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, rexistrou un número de visitantes superior ó ano pasado, chegando a un total de 13.446, que son 3.900 visitas máis que o ano pasado a estas alturas do verán. O aumento foi progresivo e tanto en xuño coma en xullo e agosto o número de visitas foi superior aos meses correspondentes do ano pasado, aumentando no mes de agosto en case 2.000 persoas. O incremento 19,8 por cento de visitas é considerable e esperamos mantelo durante o mes de setembro, que no ano pasado rexistrou mais de 2.000 visitas, polo que chegaríamos nos catro meses de verán aos 15.000 visitantes”.

Silvia Blach tamén destaca “a importancia que a xente deu ós concertos de música clásica na basílica. Era algo que reclamaban moitos visitantes, que se completou con gran afluencia de xente e que esperamos poder repetir en vindeiros anos. Os dous concertos que houbo este verán na basílica, tanto de gaita e clarinete como de guitarra, fixeron achegarse a moitos amantes da música ao templo, do que os interpretes destacan a súa ideal acústica”.
A concelleira de Cultura engadiu que “en canto á procedencia dos visitantes que se achegan á basílica destaca o gran número de madrileños, asturianos e vascos, pero este ano tamén a visitaron bastantes alemáns, británicos e polacos, ademais da primeira excursión de visitantes chinos. Tivéramos grupos de xaponeses anteriormente, pero este é o primeiro grupo de chinos que atendemos; e aínda podemos dicir que non son os visitantes de mais lonxe, xa que volvemos ter visitas das nosas antípodas, tanto neozelandeses como australianos”.

Blach rematou comentando que “dende o Concello de Foz destacase a importancia de este aumento nas visitas á basílica, cerrando así un dos veráns con mais visitantes no concello. Esta estatística pon un broche de ouro a todos os actos culturais e festivos do pobo no verán, actividades que proseguirán nos meses invernais”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz