28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

01.09.2016

Arredor de douscentos membros da Garda Real permanecerán en Foz dos días 5 ao 9 deste mes.

Levarán a cabo diversas actividades na vila e noutras localidades da Mariña.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [51 Voto/s]

Foz, 1 de setembro de 2016.- Arredor de 200 membros da Garda Real permanecerán en Foz dos días 5 ao 9 de setembro. Terán a base de operacións no colexio Martínez Otero, da vila focense, e levarán a cabo diversas actividades tamén noutras localidades de A Mariña.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, deu a coñecer que “no día de hoxe véñenos a confirmar dende os mandos da Garda Real que entre os días 5 e 9 de setembro arredor de 200 efectivos da Garda Real farán exercicios aquí, na Mariña. Terán a base en Foz, concretamente no pavillón do colexio Martínez Otero, que é onde estarán instalados”.

O rexedor focense salienta que “estamos moi contentos de que a Garda Real pensara en Foz e nas demais localidades da Mariña para facer os seus exercicios, e en definitiva para tratar de achegar un pouco o que é este corpo militar ligado á Coroa a todos os veciños da Mariña”.

Javier Castiñeira explica que “farán diferentes exercicios, percorrerán o Camiño do Cantábrico a pé a modo de andaina dende Ribadeo a Foz, todo pola parte costeira; farán tamén algún exercicio na zona de As Catedrais; despois na ría de Foz farán diversas actividades acuáticas e tamén aproveitarán en Mondoñedo para facer actividades ligadas ao montañismo e á espeleoloxía”.

O alcalde focego comenta que “isto ven a raíz dunha visita que tiveron no mes de xuño os responsables e coordinadores da Garda Real, gustoulles o sitio e a verdade é que en Foz esperámoslles como se fose a súa casa”.

 Javier Castiñeira quere “agradecer esa confianza do corpo da Garda Real no noso concello e aos responsables do Martínez Otero tamén, por facilitar unha localización ideal para eles, preto ao porto, preto ao desembarco de diferentes equipamentos que teñen que facer e preto á ría, que para eles é unha localización ideal. O pobo gozará de poder compartir con cerca de douscentos efectivos da Garda Real uns días moi bonitos”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz