22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

31.08.2016

O alcalde de Foz asina hoxe o convenio coa conselleira de Medio Ambiente para a construción da nova depuradora de augas residuais.

O investimento ronda os 8 millóns de euros.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [36 Voto/s]

Foz, 31 de agosto de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asina hoxe coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato Otero, o convenio para a construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR). O investimento rolda os 8 millóns de euros.

O rexedor municipal focense explicou esta mañá que “no día de hoxe terá lugar na Coruña a firma dun convenio importante para o noso concello, concretamente coa Consellería de Medio Ambiente para a construción da nova depuradora de Foz. Hai un compromiso orzamentario e xa de licitación para que esta obra salga adiante nos próximos anos”.

Javier Castiñeira subliña que “a verdade é que é moi importante para Foz. Unha vez que o pleno da corporación determinou esa localización, faltaba o compromiso da Xunta de Galicia e aí está. Isto permitiralle á Xunta poder licitar en próximas datas o anteproxecto, o proxecto e a construción dunha obra de saneamento das máis importantes que se van facer durante todos estes anos”.

O alcalde de Foz lembra que “esta obra rolda os 8 millóns de euros, entre o que é a construción propia da depuradora, todo o que son canalizacións e impulsións máis o emisario, polo cal é unha das obras máis importantes que se van facer no concello durante estes últimos anos”.

Javier Castiñeira quere “agradecer o compromiso de Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente, e do propio presidente da Xunta, que se comprometeu con Foz en que esta obra era prioritaria e cando o pleno da corporación deu o paso de poñer un sitio garantido, a verdade é que a Xunta de Galicia púxose a traballar. A partir de agora queda esperar que se realice canto antes esa licitación, se poida facer o anteproxecto, que terá que pasar tamén polo pleno da corporación e expoñerse ao público, e unha vez pase todos eses trámites e o ambiental se poida facer o proxecto definitivo, a compra dos terreos e o inicio das obras”.

Castiñeira salienta que “estamos a falar de arredor dunha marxe de catro anos, entre este 2016 e o 2020. Había un compromiso xa da Xunta de Galicia de meter eses cartos dentro das inversións para saneamentos que tiña a Xunta e proba disto é que sairá a licitación o antes posible”.

O rexedor rematou agradecendo “tanto á conselleira como ao presidente da Xunta e ao de Augas de Galicia ese compromiso co saneamento de Foz, algo moi importante para que o Foz do futuro teña unhas instalacións de saneamento completamente viables; e non como a día de hoxe, que verdadeiramente estamos cunha capacidade insuficiente de depuración que crea moitos problemas ao concello”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz