22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.08.2016

O alcalde de Foz asinou hoxe co presidente da Deputación Provincial o convenio para a remodelación da avenida Álvaro Cunqueiro.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [27 Voto/s]

Foz, 3 de agosto de 2016.- A Casa do Concello de Foz acolleu hoxe, mércores, a sinatura do convenio entre o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Conde, para a remodelación da avenida Álvaro Cunqueiro.

O rexedor municipal focense explicou que o convenio ten como obxectivo “o financiamento das obras de humanización da avenida Álvaro Cunqueiro. É moi interesante para o concello de Foz, para os veciños e sobre todo para dotar dun Centro Comercial Aberto o noso concello, que así terá un espazo que agora mesmo non existe. A verdade é que a implicación neste caso da Deputación de Lugo é fundamental e necesaria. O convenio contempla 1.300.000 euros aproximadamente de custes, que será para remodelar a totalidade da avenida, dos que 700.000 financiaraos a Deputación de Lugo, nas anualidades de 2016 e 2017, e o Concello de Foz poñerá outros 600.000 euros para ese financiamento. Isto leva obras soterradas para construción de saneamento, de pluviais e outras instalacións”.

Javier Castiñeira en engadiu que “a idea deste Concello é iniciar a contratación o antes posible para que as obras poidan estar en marcha quizais a finais a este ano e durante o ano que ven. Por suposto, desde toda a corporación, e houbo representantes de todos os grupos políticos, agradecemos a presenza do presidente da Deputación, Darío Campos, pois o compromiso con este pobo quedou claro. En todo este proxecto xeral, que é a remodelación da avenida da Mariña e da Álvaro Cunqueiro, as tres administracións, tanto a Xunta de Galicia como a propia Deputación e o Concello estiveron a altura. A corporación en xeral, todos os grupos políticos por unanimidade estamos de acordo con esta obra. Os representantes da Acia, que tamén estiveron nesta reunión, están entusiasmados. É polo tanto un paso máis dentro dos que se están dando neste sentido”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz