22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.08.2016

O presidente do PP de Foz destaca que Alberto Núñez Feijoo comprobou onte na vila focense a intensa actividade que ten o concello e que A Mariña é un referente turístico.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [30 Voto/s]

Foz, 3 de agosto de 2016.- O presidente do Partido Popular de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou hoxe que o candidato do PP á reelección como presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, comprobou onte na vila focense a intensa actividade que ten o concello e que A Mariña é un referente turístico.

Javier Castiñeira comentou que “no día de onte tivemos a visita do presidente do Partido Popular de Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao noso concello. E estamos moi contentos porque nesta nova campaña que está iniciando tenta acercarse á charlar cos veciños sentado nun banco, como se debe facer, con toda a normalidade. Na tarde de onte foron varios os veciños de Foz e incluso moitos turistas os que no Paseo de Colón, enfronte da praia da Rapadoira, cunha imaxe detrás incrible, falaron co presidente e comentáronlle as circunstancias mellorables que ten o concello e a comarca en xeral. O presidente saíu contento, porque veu actividade nun pobo que a día de hoxe está ao 100 por 100 con moita xente de varias autonomías: País Vasco, Castela A Mancha, Castela León, Madrid, Asturias, Cataluña, … E a verdade é que quedou sorprendido porque hoxe en día A Mariña é un referente turístico de Galicia e así o puido comprobar o noso presidente. Por iso queremos facer un agradecemento desde o Partido Popular local por seguir contando con Foz e vendo as necesidades que ten o noso concello”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz