23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

02.08.2016

Aclaracións do alcalde de Foz sobre altercados ocorridos no municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [33 Voto/s]

Non é certo que eu dixese que os rapaces  de Burela que tiveron o altercado no aparcamento de San Martiño cunha pandilla de Lugo fosen os mesmos que levan un ano amedrentando e ameazando aos rapaces de  Foz, polo que non hai confusión algunha, polo menos pola miña parte.

É certo que esa pandilla de rapaces que queremos denunciar si estiveron esa noite en San Martiño molestando e desfacendo algún campamento de rapaces  na zona de acampada. Tamén é certo que eses mesmos que denunciei publicamente estiveron en Foz fai unhas semanas e agrediron a un hostaleiro e logo aos axentes que acudiron ao lugar de copas de Foz, tal e como se puido contrastar coa testemuña agredida.

É certo que a maioría son de Burela e de orixe caboverdiana aínda que se lles xunta algún outro máis e incluso se suman ás veces algúns rapaces de Foz.

Non é certo que as miñas declaracións teñan intención de afectar a ningún colectivo nin poboación concreta e si era a idea identificar a estes rapaces para que non houbese confusión ningunha e pagasen xustos por pecadores.
Polo tanto espero que quede todo aclarado e que non se poñan na miña persoa palabras ou pensamentos que nada teñen que ver coa realidade nin confusións doutros que non saíron da miña boca.

Entre Foz e Burela sempre houbo unha rivalidade sa e deportiva, que non ten nada que ver con este asunto; e dio unha persoa que viviu dende o deporte estupendos derbis de fútbol e ten grandes amigos no concello veciño, froito precisamente desa rivalidade. Aqueles que mesturan churras con merinas é posible que non coñezan este sentimento amigo porque simplemente non o viviron de cerca. A falta de civismo e a mala educación non entende de razas nin de pobos, simplemente é falta de educación e aí é onde debemos estar todos xuntos para que cambien de actitude.

Se alguén se puido sentir ofendido nestes últimos días, sobre todo pola cantidade de informacións pouco fundamentadas, que saiba que a miña intención non foi esta, ao contrario, foi sempre e será tentar buscar solución a un problema que leva mais de un ano de percorrido e ata agora non se conseguiu.

É  posible que o ton non gustase a todo o mundo, pero é certo, como dicía algún periodista nun medio, que se non nos poñemos serios é posible que o problema siga e que algún se sinta máis protagonista e continúe campando ás súas anchas aló por onde vai; e iso non é o máis desexado nin para Foz nin para Burela.

Con isto remato con este asunto, coa esperanza de que a normalidade sexa o único que nos mova a representantes públicos e veciños en xeral.

Unha forte aperta.

Javier Jorge Castiñeira (alcalde de Foz).
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz