18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.07.2016

O Concello de Foz asinou hoxe un convenio coa Xunta para a remodelación da Avenida da Mariña.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [34 Voto/s]

Foz, 15 de xullo de 2016.- O Concello de Foz asinou hoxe un convenio coa Xunta de Galicia para incluír no Plan HURBE a remodelación da Avenida da Mariña. Este mediodía o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a sinatura deste convenio, na que estiveron presentes a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato; a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira; o presidente da ACIA local, José Carlos Paleo, e outros directivos do colectivo.

O rexedor focense salientou que “é unha das rúas máis comerciais do noso concello e entra dentro do proxecto de humanización do Centro Comercial Aberto de Foz. Para unha delas, Álvaro Cunqueiro, está comprometido por parte da Deputación de Lugo asumir o custe desa obra; e por outro lado a propia Xunta de Galicia na Avenida da Mariña coa firma deste convenio”.

Javier Castiñeira subliñou que “tamén nos acompañaron o presidente e outros directivos da ACIA local, posto que é un convenio que garante o financiamento das obras, máis de 860.000 euros, que aportará a propia Consellería”.

O alcalde de Foz engadiu que “estamos contentos con este compromiso, que adquiriu no seu momento a delegada territorial, Raquel Arias, de asumir a parte da Avenida da Mariña”.

Castiñeira resaltou que “é unha verdadeira noticia importante para Foz, que seguramente no último trimestre deste ano poida haber comezado as obras tanto da Avenida da Mariña como de Álvaro Cunqueiro”.

O alcalde de Foz mostrou o agradecemento “á Xunta de Galicia e ao seu presidente, Núñez Feijóo, polo seu compromiso con Foz unha vez máis, e sobre todo o compromiso cos comerciantes e coa área económica e de emprego do noso concello”.

Javier Castiñeira salientou que “isto sen dúbida será un cambio fundamental para o noso concello. Pasar de ter unha travesía antiga con beirarrúas e barreiras arquitectónicas, pouco atractiva para os peóns e aqueles consumidores e comerciantes que queiran investir no noso pobo, a ter unha vía humanizada, reorganizada onde poidan convivir tanto o tráfico dos coches como o ocio dos peóns e os consumidores e o bo traballo dos comerciantes de Foz, que así está sendo”.

O rexedor focense rematou dando “moitas grazas á Consellería porque desde logo é unha moi boa nova para Foz, como estamos acostumados nestes últimos meses a recibir”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz