17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.07.2016

Foz celebra as Festas do Carme desde o xoves 14 ata o domingo 17 con diferentes actuacións musicais e as tradicionais alfombras florais.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [22 Voto/s]

Foz, 12 de xullo 2016.- O xoves 14 comezan as Festas do Carme en Foz, que se prolongarán ata o domingo 17. No programa destacan os festivais Coa Nosa Fala e Aires do Masma e as tradicionais alfombras florais para a procesión se celebrará o sábado 16.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou hoxe que “as festas do Carme este ano empezámolas o xoves 14, na igrexa parroquial ás oito da tarde temos a misa cantada polo grupo Mar Aberto e ao remate o pregón das Festas do Carme encargado a José María García Rivera, ex alcalde do concello de Foz. Ás dez da noite no Campo da Cabana empezamos co V festival Coa Nosa Fala con concertos de música galega”.

Silvia Blach engadiu que “o venres 15 temos na igrexa parroquial ás 20:00 horas, a misa de fin da novena do Carme cantada pola Coral Polifónica de Foz e á mesma hora no Campo da Cabana o XVII festival Aires do Masma no que actuarán a Asociación Cultural e Folclórica Marisol Egea, de Málaga, e A Subela, de Foz. A partir das 22:30 horas a gran verbena coas orquestras Palladium e La Oca Band, na praza Conde Fontao e na explanada do porto; e a partir das 23:00 horas invitamos a colaborar na confección das alfombras florais tanto a veciños como a visitantes, decoración que se vai facer polas rúas da vila para o paso da Virxe do Carme en procesión ó día seguinte”.

A responsable de cultura focense destacou que “o sábado 16 é o gran día das Festas do Carme e ás 12:00 horas comezamos na igrexa parroquial coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Foz e a continuación a procesión polas rúas da vila. A Virxe vai ir en hombros dos porteadores e percorrerá as rúas que van estar adornadas coas flores e imos ir acompañados da Banda de Música de Foz e os grupos folclóricos A Subela, O Feitizo e Andaravio. Ás 18:00 horas no Paseo da Ribeira temos xogos infantís gratuítos, ás 20:00 horas na igrexa parroquial vai ser a misa na honra dos náufragos e a ofrenda floral vaise facer no monumento ao mariñeiro despois da misa, do Concello de Foz e de toda a xente dedicada ao mar. Vai ser en Tupide, onde sempre”.

Silvia Blach engadiu que “ás 21:00 horas no polideportivo Campo da Cabana haberá o concerto da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil do Principado de Asturias e a partir das 20:00 horas o festival Vrao no escenario Namarinos. A partir das 22:30 horas na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, terá lugar a gran verbena coas orquestras Nueva Fuerza e Claxxon”.

A edil de Cultura rematou comentando que “o domingo 17, tamén na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, a partir das 22:30 horas teremos a verbena coa orquestra Fania Blanco Show”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz