29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

06.07.2016

O Concello de Foz pide a colaboración cidadá para que non saquen o lixo aos contedores antes das oito da tarde e para que recollan os excrementos das súas mascotas.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [174 Voto/s]

Foz, 6 de xullo de 2016.- O Concello de Foz pide a colaboración cidadá para que non saquen o lixo aos contedores antes das oito da tarde e fai especial fincapé nos locais de hostalaría. Ademais anuncia que a Policía Local estará tamén vixiante de que os donos de mascotas recollan os excrementos das rúas.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anuncia que “o Concello de Foz está elaborando un bando no que quere informar a todos os veciños e aos turistas que durante estas fechas de verán van residir no noso concello, de que teñan boas prácticas no uso dos contedores do lixo".

O rexedor focense pide “que se trate de levar o lixo aos colectores a partires das oito da tarde para que non estea durante todo o día neles, sobre todo en épocas nas que fai e polo tanto causan cheiros e o mal aspecto. Queremos que a xente faga un pequeno esforzo, que a partires das oito da tarde se leve o lixo. A Policía Local estará vixiante de que non haxa condutas incívicas”.

O alcalde de Foz subliña que “hai que facer especial énfase cos locais de hostalería. Estase observando que moitos deles están tirando o lixo durante todo o día, polo cal están deixando cheos os colectores, están causando olores e mal aspecto hixiénico sanitario no que son contornas polas que pasa moita xente. A Policía Local estará vixiante de que esas condutas melloren”.

Por outra parte Javier Castiñeira salienta que “tamén hai un énfase importante no que é os excrementos das mascotas. A Policía Local ten orde de sancionar a todos aqueles que non recollan os excrementos das súas mascotas. Nestes próximos meses o pobo vai estar ateigado de persoas e visitantes e é lóxico que teñamos certas responsabilidades á hora de coidar as nosas mascotas, que non vaian en contra de coidar o noso pobo que é de todos”.

O alcalde de Foz cre necesario “conciencia cívica, sobre todo para tirar o lixo e na limpeza das beirarrúas”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz