29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.07.2016

O Concello de Foz leva a cabo obras de mellora da accesibilidade nos pasos de peóns.

Éstas comezaron nas rúas próximas ao porto e continuarán pola zona da praia da Rapadoira.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [53 Voto/s]

Foz, 5 de xullo de 2016.- O Concello de Foz leva a cabo obras de mellora da accesibilidade nos pasos de peóns, traballos que comezaron polas rúas  próximas ao porto e continuarán pola zona da praia da Rapadoira.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “o Concello de Foz está traballando na mellora dos pasos de peóns, sobre todo na accesibilidade, porque moitos deles non tiñan ramplas de acceso. A petición do Partido Socialista máis do BNG, no seu momento en anteriores plenos, o Concello de Foz decidiu facer estas obras agora, durante o verán. Empezouse polas rúas próximas ao porto, concretamente na Praza Conde de Fontao, onde había dous pasos de peóns completamente inaccesibles, que practicamente xa están rematados. Continuarase polas zonas da Ribeira e a praia da Rapadoira, onde no Paseo de Colón tamén hai varios pasos de peóns que rematan en obstáculos demasiado grandes para a accesibilidade”.

O rexedor municipal focense subliña que “é un plan necesario e atendendo a petición de todos os grupos, en contra do que din algúns, como o Partido Socialista, que asegura que soamente se fai caso ás peticións do BNG. Nada tan fóra da realidade posto que proba disto é esta obra que reclamou o Partido Socialista e outras moitas que reclamaron PSOE e Plataforma nos orzamentos e que foron incluídas. Pero estes dous grupos non queren integrarse no que é favorable ao concello, votan en contra a pesares de que se lles ten en conta”.

Javier Castiñeira salienta que “non deixa de ser unha dinámica pouco integradora por parte destes dous grupos da oposición. Pero si é certo que este goberno está a ter en conta as peticións que está facendo toda a oposición. E claro exemplo é este plan de mellora da accesibilidade dos pasos de peóns no noso concello”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz